portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
Ailá "Ailá"


Ailá é unha voz característica como poucas do noso cantar tradicional e desde agora asociarémola tamén a un grupo de música tradicional e o seu álbum de debut. Neste cuarteto atopamos un acordeonista recoñecido como Xan Pampín, que pasou polas celebradas formacións Radio Cos e Banda das Crechas. E disque foi este local mítico o berce dunha nova propsta musical que invita á foliada con experiencia, coñecemento e un sopro de ar novo.

Este último apreciámolo claramente na voz da pandeireta Ángela Carou que, porén, non parece que estea a debutar, mais tamén nos arranxos e nos ventos que achega Abel Gañete (fliscorno e trompeta). Na gaita e tamén na voz, Manuele Pardo completa unha formación ben solvente que achega máis brillo e detalles á gravación grazas a colaboracións salientábeis como as de Pedro Lamas, Nicolai Velikov, Pedro Pascual ... E se falamos da presentación física, para o deseño da portada contan con outro seguro: O Pastor.

“Ailá” son unha mostra máis de que a festa e o respecto á tradición non está rifadas cunha interpretación coidada e arranxos diferentes. Diso temos aquí 12+1 (sic.) músicas festivas (xotas, muiñeiras, pasodobres, rumba, valse...), dunha viaxe por recunchos do país (Laxoso, Barro, Abeneiros, Frades ... ) a maior celebración do canto e o baile, solto ou agarrado, da reivindicación e reactivación de pezas tiradas de fontes patrimoniais e regadas con toques contemporáneos.

Pepe Cunha, 28-maio-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo