portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría


nota:

O jazz voltará a unir dous concellos da ría. Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, onde o festival sementou durante catro edicións o amor polo jazz entre o público de todas as idades, o Jazz de Ría viaxa nesta 5ª edición á descuberta de novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar en breve unha programación que volverá apostar pola pola calidade, a diversidade, a posta en valor do patrimonio e do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artísticas galegas. O venres 13 e o sábado 14 de agosto a ría volverá vibrar co mellor jazz galego.

O Festival Jazz de Ría celebrará a súa 5ª edición os días 13 e 14, defendendo unha vez máis a excelente calidade do jazz galego e o valor do territorio como estratexia para convertir á comarca de Ferrolterra nun lugar de referencia cultural e turística. Este ano o festival segue percorrendo a ría na procura de novos espazos patrimoniais para descubrir e poñer en valor a través de experiencias musicais arredor do jazz que, como xa se demostrou en Mugardos e Ferrol nas anteriores edicións, son capaces de atraer e interesar ano tras ano ao público adulto, e tamén de crear escola entre os máis novos sementando neles o gusto polo jazz e contribuíndo a crear novos públicos para este xénero que conta con grandes propostas artísticas en Galicia.

Neste sentido, o festival seguirá apostando por unha programación de jazz galego e de vangarda, que será desvelada en breve e que unha vez máis vai poñer a Ferrolterra como punto de referencia dentro do circuito de festivais de jazz da península. En só catro edicións o Festival Jazz de Ría ampliou notablemente o seu público e a súa repercusión mediática cunha proposta singular en canto a espazos e músicas, que foi nomeado na categoría de Mellor Festival na edición 2018 dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA.

A 5ª edición do Jazz de Ría vai ser posible grazas ao apoio e implicación do Padroado da Cultura de Narón, o Concello de Narón e o Concello de Neda. As dúas administración locais manifestaron a súa vontade de consolidar o festival e convertelo nunha cita musical de referencia, onde podan participar todos os concellos da ría co obxectivo de crear espazos e proxectos culturais que contribúan a fomentar a colaboración entre concellos para facer de Ferrolterra un polo cultural diferenciado.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo