portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
Correlingua reinicia a súa actividade coa convocatoria de Cantalingua


nota:

A festa do galego nos centros escolares celebrarase en Outono promovendo o uso da lingua e sen deixar de aplicar os protocolos sanitarios

A máis movida das festas do galego reinicia a súa actividade coa convocatoria dos seus concursos, comezando por Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio unha remuneración de 1.000 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua.

No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical. As cancións deben ser orixinais, e cantadas integramente en galego. Terá especial valoración que a canción sexa especialmente creada para esta actividade.

A canción deberá presentarse en formato MP3, xunto cunha presentación da banda ou solista e unha fotografía. Hai que indicar un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Todos estes datos pódense enviar ao correo correlingua@gmail.com antes do remate do 31 de maio de 2021.

As cancións participantes serán publicadas na web de Correlingua e difundidas nas redes sociais para que sexan coñecidas polo maior número posible de persoas. Os gañadores coñeceranse no mes de xullo de 2021. Os concertos terán lugar entre o 18 de outubro e o 30 de novembro.


As bases desta convocatoria pódese consultar e descargar desde aquí:
Bases Correlingua



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo