portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
A Asociación República Musical Mardi Gras edita 1000 copias dun CD con bandas coruñesas


nota:

As 20 bandas e solistas presentes no disco estaban convidadas onte, 14 de abril, no Palco da Música da Coruña para recoller as copias do Cd para o que cederon unha canción orixinal. Tamén asistiron os irmáns de Jaime "Portobello" Manso do que hai unha fotografía cedida por César Quián no interior do disco, así como representantes da Xunta Directiva da Asociación e de salas de concertos da cidade.

O acto serviu tamén para apoiar unha reividicación que xa ven de longo. O sector considera positivo que se aprove un regulamento municipal no que terían cabida salas de concertos, salas de teatro, de exposicións e librarías con progrmación de eventos regular que otorgase o recoñecemento de "Espazos de Interés cultural e turístico da Coruña" a aquelas salas e espazos que cumplan unha serie de requisitos e leven anos mantendo un compromiso coa cultura.

O disco foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces, tamén Dj. que visita con frecuencia o cirduito de salas galegas. A variedade musical é unha das características do Cd que comeza coa rockeira Arriba Coruña de La Banda del Camión e péchase con Mardi Café, de Las Antonias, homenaxe á sala Mardi Gras. Estas son as vinte bandas e artistas que fixeron posible o lanzamento do disco: La Banda del Camión, 7 Puertas, Superfuzz, Vincent Black Shadow, Dagla, Tunduru, Elman, Punk para Perretes, Furacán, Cloaca, Mar de Fondo, Zénzar, Apolo Colective Club César de Centi, Silvia Penide, Paris Joel, Devalo, Zabala e Las Antonias.

A recadación lograda coa venda dos discos, financiada coas cuotas de socios e aportacións, será destinada a crear o Fondo de Anticipos Republicanos, un sistema de adianto de cartos a profesionais do sector da música que pretende funcionar ao longo do tempo para axudar a aqueles que vexan que os pagos van chegar tarde e precisen os cartos con urxencia.

O disco está dispoñible xa en 11 puntos de venda, pequenos negocios locais aos que tamén se dexexa apoiar dende a República e que aproveitando a visita para mercar o CD a clientela aproveite para consumir. Son os seguintes: Rock Box (Pérez Cepeda)
Psicodelia (Rúa Nova)
Re Read (San Andrés)
La Galleta Music Shop (Estrecha San Andrés)
Cervecería Creedence Rock (Manuel Murguía)
Bar Chaflán (Antonio Viñes)
Café Doré (Ronda de Nelle)
The Black Dog Tavern (Ciudad Vieja - Colegiata)
Confitería cafetería Migas (Calle Torre 102)
Kirei Estética y bienestar (Zalaeta 11 bajo D)
Admin de Fincas Novo Mesoiro (Avda Novo Mesoiro 28)
A Barbería (rúa Orzán)
Bristol Bar (Torreiro)

Grazas pola vosa atención!
Viva a República
Máis información acrepublicamardigras@gmail.com




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo