portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
Os Carunchos “Lingua de xigantes”


O sétimo disco da formación xurdida en Vigo en 1994 por fin ve a luz. Gravado antes do confinamento e producido por eles mesmos, ‘Lingua de xigantes’ contén até dezaoito cortes inspirados por ese seu compromiso sen fendas coa cultura e o medio natural. A lingua, as paraxes naturais e as sonoridades tradicionais están tan ou máis presentes ca nunca da man de músicas directas, accesíbeis e feitas para seren cantadas e bailadas, nesa simbiose de percusións acompañando as voces e as melodías das zanfona, gaita e acordeón.

Cómpre salientar as cancións con versos de poetas, como Rosalía de Castro (“Meses de inverno”), Celso Emilio Ferreiro (“Nova canzón de amor” e “Derradeira vontade de Fuco Buxán”), Eduardo Blanco Amor (“Estrela” e “Muíño”); mais tamén sobre coplas recompiladas por Antonio Fraguas (“Cantarciño novo”) ou Rosa Piñeiro Pintos (“Avivaino”). Cantan á igualdade (“Sabeliña”), á lingua (“Lingua de xigantes”), á natureza (“As peras”) e aos lugares, onde atopamos instrumentais tan bonitos como “Angorén”, “Muiñeira de Arneles”, “Mariña” ou a cantada “Valdoviño”. E entre as composicións totalmente propias non hai reivindicacións máis evidentes que as de "Lumes nunca máis" (se cadra a peza menos lograda) e a que titula o disco.

Talvez este álbum sexa, en conxunto, o máis logrado dunha banda que signfica identidade irrenunciábel coa nosa tradición musical e cultural, Son "música, poesía, baile e diversión [...] , son forte representación festiva dun pobo", desde o máis sinxelo até as figuras recoñecidas polas academias. Iso si, arredados de elitismos e sofisticacións.

Pepe Cunha, 1-abril-2021


1. Sabeliña
2. Angorén
3. Meses de inverno
4. Lingua de xigantes
5. Nova canzón de amor
6. Muiñeira do caldiño
7. As peras
8. Estrela
9. Muiñeira de Arneles
10. Valdoviño
11. Mariña
12. Cantarciño novo
13. Foliada pequena
14. Lumes nunca máis
15. Zamburiña
16. O muíño
17. Avivaino
18. Derradeira vontade de Fuco Buxán



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo