portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
Orquestra Galega de Liberación


Levamos moito tempo a escoitar falar do bo estado do jazz feito na Galiza. Coñecemos abondas propostas e gravacións que manteñen un nivel alto de calidade e esixencia (sexan free-jazz, hardbop, experimentación, fusións co rock ou o folque ... ) e moitas das intérpretes aparecen neste disco que, desde xa, é un fito na música feita no país: a gravación dun concerto de música “improvisada no momento e composta a tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida”.

No país podemos lembrar as improvisacións do grupo Omega na Sala NASA, pero o que agora nos ocupa é o froito dun par de días de adestramento nos que se traballou coas técnicas que argallou nos 70 Walter Thompson, mencionado nos agradecementos. Velaquí o documento sonoro do debut dunha orquestra formada por 16 músicas e músicos -se contamos o director Xacobe Martínez Antelo- e que tivo lugar no Teatro Principal de Compostela o 12 de setembro de 2020. Foi dentro do Festival Plataforma onde un público limitadísimo por mor da pandemia presenciou un deses momentos que celebra que a música segue viva e máis necesaria que nunca.

Nin que dicir ten que non é un disco fácil, senón arriscado e estimulante no que, con atención e vencido o medo inicial, imos apreciando os xogos e as achegas de cada instrumento, mencionados todos ao final destas liñas como recoñecemento. Tras os 10 títulos postos a posteriori, encontramos cortes máis breves ou máis longos, o que saiu no momento, pero ben ao gusto de quen gosten de formacións numerosas ou procuren estímulos menos habituais. Que tal citar un par de cortes e aforrarmos máis voltas narrativas ? “A liberdade” (das miñas favoritas) e “Be Music, My Friend”.

Pepe Cunha, 26-marzo-2021


títulos:

A Chamada
O que garda sempre ten
Vintage spacewalk
Apuntamentos sobre o distanciamento social
Be music, my friend
Intro a Liberdade
A Liberdade
XL kind of men
Supertrascendente
Somos Un

Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo e dirección)

Max Gómez (batería), LAR Legido (batería), Javier Pereiro (trompeta), Olivier Cano (saxo alto), Xosé Miguélez (saxo tenor), Diego Alonso (saxo tenor), Rosolino Marinello (clarinete baixo), Patricia de Lorenzo (voz), Rubén Fernández (voz), Sheila Patricia (voz), Antonio Bravo (guitarra), Manuel Cebrián (guitarra), Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello), Saúl Puga (contrabaixo)



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo