portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/07/2021
Trilitrate "Está de grelo"
22/07/2021
ciclo EXPERIMENTA II de Tele Clube, Lugo.
20/07/2021
Sinsal SON Estrella Galicia celebra a partir do venres 23 de xullo unha edición "Esencial"cun cartel secreto no que o 70% das bandas están lideradas por mulleres
16/07/2021
Mañá sábado 17 celébrase na Casa de Rosalía o festival "Abride a Fiestra" con Verto, Uxía e Berlai
02/07/2021
Fábrica de espejos "Mundo incierto"
26/06/2021
Caballero Reynaldo "Cosmos"
Acordeireta “Loitar cantando”


Cos dous instrumentos que tocan, Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea forman o nome dun proxecto que presentan en disco cun leitmotiv vital: “Loitar cantando”. Ao longo de quince cortes van render homenaxe e recoñecemento a nomes da nosa cultura, sexan poetas recoñecidos ou compositores anónimos, estean nas academias ou nas asociacións de veciñas; mais tamén á súa cadela Cuca ou ás Madres de Mayo arxentinas. Todas achegan e de todas aprendemos se temos a actitude.

No caso desta parella é a de compartiren formas tradicionais, músicas propias e daren vidas sonoras novas a poemas que xa foran cantados, como “Deitado frente ao mar” de Celso Emilio Ferreiro ou “A Rosalía” de Curros Enriquez, ademais de xogar con versos da propia Rosalía en “Miña rumbiña, miña rumbasa” e fechar o disco musicando “Aperta” de Carvalho Calero. Mais tamén brillan Luz Fandiño (seus son os poemas empregados na composición que titula o disco), o acordeonista Pazos de Merexo e o emigrado poeta Señor Julio.

Sen artificios e con apenas un par de colaboracións (Suso de Zurrumalla e Luis dos Carunchos, bandas tamén editadas por Inquedanzas Sonoras), o debut de Acordeireta é unha gravación sincera, fresca, directa, de ritmos varios (rumba. muiñeira, xota ...), que transmite diversión, aprendizaxe, reivindicación de temas sociais e agarimo polas nosas raíces. Isto era a festa e o compromiso que podiamos deducir do titulo: “Loitar cantando”.

Pepe Cunha, 21-marzo-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo