portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
01/04/2021
Os Carunchos “Lingua de xigantes”
01/04/2021
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
26/03/2021
Orquestra Galega de Liberación
24/03/2021
A partir de hoxe pódense escoitar 21 arquivos de música tradicional nun paseo polo casco vello de Compostela
22/03/2021
CUAC FM celebra 25 anos de radio con dous concertos gratuitos no Centro Ágora
21/03/2021
Acordeireta “Loitar cantando”
Trajedesaliva "Ultratumba"


A comezos de século, a proposta trajedesaliva editara 4 traballos, pero desde 2006 non tiñamos noticias súas. Agora, quince anos despois de “Ciertos animales de costumbres discretas”, sorprenden cun novo traballo editado coa colaboración de áMarxe, Ferror Records e GH Records. E digo sorprenden porque este álbum ten unha factura máis esperábel de músicos moi en activo, non dun proxecto aparcado tanto tempo. Se cadra, traballárono moito e agardaron un momento acaído.

Apoiados na produción de Santiago Alcalá, on Ninguén (sintetizadores e música) e unavena (letra e spoken word) esborrallan os lindeiros entre etiquetas sofisticadas como dark ambient, synth prog, ruído industrial, música atmosférica ... pero o que importa ao final é que ao longo dos oito cortes recibimos descargas intensas de beleza, sonoridades esixentes, misteriosas e desacougantes, desas que mellor dosificarmos para aprecialas e non sucumbirmos no intento.

“Ultratumba”, ornamentado na edición física con pinturas de Emilie Lagarde, é un disco ben macerado de electrónica e experimentación escuras pero tamén brillantes, que non desmerecerá no circuíto especializado internacional. Para isto, contan coa distribución de Cold Spring (UK) e Disk Union (JP).

Pepe Cunha, 17-marzo-21

1. Todo era blanco
2. A casa por las vías
3. Familia Ferro
4. Arenas calientes
5. Mamá es un animal morado
6. Mammillaria sempervivi
7. Queremos verte
8. Ultratumba




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo