portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
01/04/2021
Os Carunchos “Lingua de xigantes”
01/04/2021
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
26/03/2021
Orquestra Galega de Liberación
24/03/2021
A partir de hoxe pódense escoitar 21 arquivos de música tradicional nun paseo polo casco vello de Compostela
22/03/2021
CUAC FM celebra 25 anos de radio con dous concertos gratuitos no Centro Ágora
21/03/2021
Acordeireta “Loitar cantando”
Hotel Nebraska "Confortable decadencia"


Recibimos o sexto traballo dunha desas bandas que a estas alturas da película xa non pensan en agradar para daren o “pelotazo”. Son de seguir a faceren cancións dignas e presentalas o mellor posíbel, sen unhas intencións comercias que pouco sentido teñen hoxe en día. Así levan desde 2004 sumándose ao pop-rock de manual anglosaxón e cantado en castelán, aínda que desde o seu disco anterior ("La nostalgia", 2004) sexan xa o proxecto dos dous superviventes da formación orixinal: Guillermo Llopis e Gonzalo Anaya,.

Talvez este factor explique unha maior concreción nas cancións que entregan agora, máis cara ao pop, máis directas, con melodías claras e riffs e retrousos efectivos. A veteranía é un grao, facilita calquera movemento estilístico sen deixar de seren eles mesmos e "Droga dura", "Ratos muertos" ou sobre todo "Vivir es un estado mental" son exemplos desa procura de máis inmediatez. En conxunto, esta colección amósaos nun bo estado de forma, mantendo ese romanticismo de quen pensan que existe "La canción que me salvó la vida" pero que tamén son conscientes da súa realidade ("Confortable decadencia") e da do mundo enteiro (“Temperaturas en aumento”), de que o tempo "Pasa", das ganas de fuxir ("Horas contadas"), de que se pode cantar aos "Ratos muertos"...

Dividido en dez pílulas de tres a catro minutos, probablemente non será un disco popular ou non teña candidatas a canción do ano, pero "Confortable decadencia" mantén estilo e elegancia pop-rockeira de principio a fin, co labor salientábel na gravación de músicos da escena valenciana como Edu Olmedo, Quique Bifiter, Juancho Plazas ou Paco Morillas. Como bos románticos, autoeditan, co apoio de Infinito Discos, subselo do Bonavena Música de Manolo Bertrán (Doctor Divago) e Raúl Tamarit (Los Radiadores)

Pepe Cunha, 16-marzo-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo