portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
01/04/2021
Os Carunchos “Lingua de xigantes”
01/04/2021
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
26/03/2021
Orquestra Galega de Liberación
24/03/2021
A partir de hoxe pódense escoitar 21 arquivos de música tradicional nun paseo polo casco vello de Compostela
22/03/2021
CUAC FM celebra 25 anos de radio con dous concertos gratuitos no Centro Ágora
21/03/2021
Acordeireta “Loitar cantando”
Eladio y los Seres Queridos "Academia"


A banda liderada por Eladio Santos chega aos quince anos de traxectoria talvez co seu mellor disco. Se ollamos atrás para repasarmos os aspectos que fomos salientando dos álbums anteriores, constataremos que seguen presentes e que ademais o fan acompañados das súas letras máis propias, íntimas, abertas, e dunha execución "académica". As gravacións máis caseiras ou “low cost” dos anteriores “Cantares” e “Historias de caza” semella que revitalizaron a banda e a situaron nun momento doce para lanzar esta edición brillante grazas ao mecenado de Ponte da Boga.

“Academia” é unha colección xenerosa e honesta de cancións na que predominan os medios tempos, os retrousos efectivos e os solos ben colocados; dun pop presentado nun sentido amplo, que vai do máis clásico ao que confusamente chamamos indie, paseando canda o rock, a canción de autor ou o folk. Algunhas entrarán máis fácil, como “Señores disfrazados” ou “Quemé una bandera por ti”, e outras pedirán máis calma e atención para apreciarmos o seu encanto. Porén, todas amosan o seu valor nas sucesivas escoitas porque están ben maceradas, como a voz e a sinatura de Eladio. E por se non fosen abondas a ducia de composicións propias, regalan dúas alleas: unha recreación excelente de “Baixaron as fadiñas, de Emilio Cao (cuxa voz volvemos escoitar catro décadas despois do orixinal); e a alfaia de minuto e pico “Pasan días”, de Pablo Milanés con letra de Nicolás Guillén.

A banda e os invitados na gravación completan un mar de ritmos e detalles sonoros (o efecto de voz de “Una canción para Eva”, a guitarra acústica de “El norte”, violín, violonchelo e banjo de “Jerusalén”, o saxo en “Academia”, a harmónica de "Todo en el aire" ...) e a lírica de Eladio, de aparencia amábel e sentimental, resulta crible como poucas, poética sen pasarse, intelixente, suxestiva, mesmo en ocasións críptica e co reto de descifrala. “Academia” é un agasallo para quen gosta das cancións atemporais, ás que volver tanto se cremos que aprendemos como se seguimos a dubidar, como acontece cos recordos da vida.

Pepe Cunha, 29-decembro-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo