portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
01/04/2021
Os Carunchos “Lingua de xigantes”
01/04/2021
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
26/03/2021
Orquestra Galega de Liberación
24/03/2021
A partir de hoxe pódense escoitar 21 arquivos de música tradicional nun paseo polo casco vello de Compostela
22/03/2021
CUAC FM celebra 25 anos de radio con dous concertos gratuitos no Centro Ágora
21/03/2021
Acordeireta “Loitar cantando”
Ukestra do Medio "Outras lérias"


Se hai un instrumento popularizado na última década este é o ukelele, atractivo polo seu tamaño pequeno e tamén por accesíbel e versátil. Disque os resultados se aprecian desde os primeiros pasos até o virtuosismo que supera as aparentes limitacións. Iso vén amosando esta orquestra que naceu en Compostela e durante máis dun lustro foi definindo a súa formación actual e gañando sona coas súas versións en bares, salas ou festivais. De feito, “Em princípio ...” (2017) era un EP de catro temas alleos que agora ten esta continuación "seria" rexistrada no Laboratório Soyuz con Xurxo Pinheiro e o Hevi.

Aínda atopamos catro recreacións neste primeiro álbum, pero a maioría xusta son composicións propias, e tanto unhas como outras amosan o punto forte da banda: o potencial derivado da súa diversidade en idades, influencias e voces. Yolanda, Sara e Fon son quen máis cantan, pero tamén Kátia, Fon, César e Alberte teñen o seu momento de vocalista principal. Ademais, todas fan coros, o que os emparentaría cunha das nosas bandas favoritas: Os Amigos dos Músicos. Tamén asociada á canción folk polo seu carácter acústico (ukeleles, baixo acústico, caixón ...), a Ukestra amosa o seu abano de influencias nas versións: o pop luminoso e irónico de The Housemartins, a canción galega de Suso Vaamonde, o country-pop de Roger Miller ou o Roberto Carlos “roqueiro” dos 60 que popularizou como “Negro Gato” o “Three Cool Cats” dos gloriosos Leiber & Stoller.

"Outras lérias" non é nada escaso en logros a conservaren e nos que incidiren en futuras entregas. Temos pop desenfadado ("As chaves do inferno"), achegamento ao rock sinistro ou escuro ("Enchoupado de amor") e á melancolía country ("Terra queimada"), o ton irónico-nostálxico ("Outras lérias") ou reivindicaivo ("Moverom-me os marcos") ... e contan coa colaboración de Edi Morgan en "Old Car", un final notábel que nos provoca "nostalgia do que está por vir". Gocemos e agardemos máis.

Pepe Cunha, 4-decembro-2020

O disco pódese escoitar e descargar de balde no bandcamp da banda



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo