portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/11/2020
eis o programa do Espazo Escena no Culturgal 2020
24/11/2020
Puerta Sur "Azabache"
23/11/2020
Guadi Galego fálanos das "Costuras" do seu novo álbum
17/11/2020
Alberto Vilas "Naialma"
04/11/2020
As bandas Caldo, Ukestra do Medio, Crnds, Koroiev e Momboi, finalistas do Concurso Fran Pérez “Narf" de música
27/10/2020
Dequenvessendo "Canto das Xacias"
Dequenvessendo "Canto das Xacias"


Esta formación coruñesa deuse a coñecer en locais tan emblemáticos e asociados á música tradicional galega como A Cova Céltica ou A Casa das Crechas. Tras só uns anos de actividade e consolidados como sexteto, tras a incorporación de Irene Cerqueiro como vocalista e instrumentista, presentan un debut discográfico sólido e conceptual. Sólido porque teñen claro como queren soar e conceptual porque o álbum xira en torno ás lendas do imaxinario popular sobre a mitoloxía da auga e as xacias, os seres mitolóxicos que habitan nela.

Nestas once composicións propias, a banda exprésase nas sonoridades da música tradicional, de raíz, nos ritmos celtas ou atlánticos, na liña duns Luar na Lubre ou Milladoiro, e influenciada por bandas estranxeiras da mesma corrente, como The Tannahil Weavers. En canto á temática, procuran a inspiración na memoria popular, nas cantigas, en historias como a da xacia que vive no Miño, a de Sabel -filla dunha xacia e un humano- ou en poemas ben acaídos tematicamente de Adela Figueroa, Ramón Cabanillas, Luis Maquieira. ...

Apoiado nun proceso de micromecenado e a produción de Mirmidón, o disco foi gravado con achegas de instrumentistas tan salientábeis como Nani García, Xosé Liz, Bieito Romero, Javier Cedrón, Xabier Ferreiro, ou as voces de Víctor Iglesias en "Camiño á fonte" e Sés en "Xacia Valsira" e "O Barqueiro". Un debut de factura notábel que agradará a amantes das músicas celtas, aínda que aquí a etiqueta si exerza coma límite para outros ouvidos. Porén, non deixen de probar.

Pepe Cunha, 28-outubro-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo