portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/11/2020
eis o programa do Espazo Escena no Culturgal 2020
24/11/2020
Puerta Sur "Azabache"
23/11/2020
Guadi Galego fálanos das "Costuras" do seu novo álbum
17/11/2020
Alberto Vilas "Naialma"
04/11/2020
As bandas Caldo, Ukestra do Medio, Crnds, Koroiev e Momboi, finalistas do Concurso Fran Pérez “Narf" de música
27/10/2020
Dequenvessendo "Canto das Xacias"
Susana Seivane "Dende o meu balcón"



O título do sexto álbum dunha das nosas gaiteiras máis populares non podía ser máis explícto se temos en conta os momentos que estamos a vivir. Durante o confinamento a música mantivo o ánimo ao longo daqueles seráns nos que nos asomabamos ás rúas, prazas ou fincas, como é o caso da nosa protagonista. Aquí temos o repertorio que a Seivane compartiu coa veciñanza e as redes sociais durante case dous meses e servido dun xeito case totalmente caseiro / familiar pois, agás as percusións de Carlos Freire, os outros artistas que interveñen son a propia irmá de artista e a seguinte xeración da familia Seivane: Antón, Maren, Fiz e Brais.

Nun regreso ás orixes tradicionais, o álbum repasa desde a “Marcha do Antigo Reino de Galicia” até o “Himno galego” de Pascual Veiga, pasando por máis de 50 pezas de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, Suso Vaamonde ... que agrupa en case 20 suites. Cunha interpretación básica resulta unha sorte de "Galician tradicional songbook": "Muiñeira de Lugo", "O sacristán / A Carolina / O galo", "Ao pasar por Camariñas", "Chantada", "Ponte Sampaio", "Rianxeira" "Pousa".... Porén, ten a peculiaridade de empregar até 8 gaitas en diferentes tonalidades e a anécdota de agasallar un bonus track curioso: unha interpretación gaiteira de “Vivir así es morir de amor”, unha das cancións máis manidas do confinamento.

"Dende o balcón" é un traballo austero, arredado de complexidades, que quedará como un agasallo para quen compartiron esas citas no confinamento e como testemuño dun momento de repaso, de reflexión, de procura de forza e inspiración nos ancestros, nas raíces, naquelo que resistiu varias épocas e que nos une tanto como unha familia.

Pepe Cunha, 20-outubro-2020

Dispoñíbel en plataformas dixitais e á venda en edición física na web da artista,



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo