portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
01/04/2021
Os Carunchos “Lingua de xigantes”
01/04/2021
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
26/03/2021
Orquestra Galega de Liberación
24/03/2021
A partir de hoxe pódense escoitar 21 arquivos de música tradicional nun paseo polo casco vello de Compostela
22/03/2021
CUAC FM celebra 25 anos de radio con dous concertos gratuitos no Centro Ágora
21/03/2021
Acordeireta “Loitar cantando”
Pakolas "Ramona Órbita"


Esta nova entrega da colección Sonárbore da editorial Galaxia ten moita conexión coa nosa banda de rock máis veterana: Zënzar. Pakolas é un dos seus guitarristas e a ilustradora Laura Romero a súa baixista. O disco soa roqueiro e ademais unha das súas cancións comparte título co último e salientábel traballo da banda nada en Meirama: "Benvidas ao futuro". E se buscamos máis coincidencias, podemos falar da concienciación e a reflexión sobre uns valores que deberiamos procurar de queremos mellorar esta sociedade: a reciclaxe, o feminino, a defensa da natureza, a cultura, a imaxinación .... Evidentemente, aquí son tratados dun xeito mellor acaído e atractivo para persoas non adultas.

Paco e Laura xa traballaran xuntos hai uns anos no homónimo "Pakolas" e tiñan que repetir colaboración para estar como mínimo á altura desa entrega que, por certo, non era a estrea de Paco na música para a rapazada. Antes militara en Mamá Cabra e fundara A Gramola Gominola, polo que toda esta experiencia é chave para entendermos o bo acabado deste libro-CD "Ramona Órbita. A dona do tempo", onde exerce de compositor, produtor e multiinstrumentista; agás nun tema onde deixa o baixo nas mans da propia Laura: "A máquina de Ramona". Co fío da historia de Ramona Órbita presenta dez cancións de corte didáctico a ritmo case sempre de rock and roll.

Como isto é para pequechas, hai que dicilo claro: as ilustracións molan, así como o conto da protagonista e as cancións. Ao tempo que nos divertimos, viaxamos no tempo, cantamos todo o positivo e complementario que son o coñecemento das ciencias e das artes, da investigación, do respecto á natureza, a reciclaxe ... e facémolo na compaña da propia Ramona ("boa nas ciencias, xafe na horta"), "Manolo cavernario" ("Uh, uh, uh,! Currasco de mamut"), do exipcio Ramsés (a quen lle cheiran os pés, "coma toda a xente"), dos contos chinos ... Abonda o rock máis básico, pero tamén hai achegamentos ao pop, aos ritmos do leste, ao medieval ("Cabaleiros bibliotecarios") ... E se hai unha canción "menos marchosa" resulta que é a preciosa "Nai devesa" ("a nai do apalpador).

Pepe Cunha, 14-outubro-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo