portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/10/2020
Dequenvessendo "Canto das Xacias"
22/10/2020
María Manuela recolleu onte a súa melómana como premio honorífico na VII edición dos Premios Martín Códax da Música .
20/10/2020
Susana Seivane "Dende o meu balcón"
14/10/2020
Pakolas "Ramona Órbita"
09/10/2020
O concerto de presentación de Liberar as arterias na Coruña aprázase por positivo en covid-19 de Sés
04/10/2020
As entradas para a terceira de Momentos Alhambra Acustiquísimos saen á venda o luns 5 de outubro
a gran festa do jazz coa maior jam session da historia este domingo en Lugo


nota:

Unha enorme festa do jazz, coa participación de máis de 150 artistas galegos homenaxeando ao máis grande artista de jazz de todos os tempos no seu centenario, Charlie Parker. Así conciben dende Escobi, a Asociación de Amigos do Jazz, a jam session que terá lugar este vindeiro domingo en Lugo, e que serve ao tempo para reivindicar os 30 anos de historia do festival de jazz máis lonxevo de Galicia, e a calidade dos nosos intérpretes.

O proxecto, que nace como a maior jam session da historia en España, tanto por número de intérpretes como por horas de desenvolvemento, conta co financiamento e apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo21.

Dende as 13 horas e até ben entrada a tarde (17:00) nas escalinatas do Pazo Episcopal de Lugo, máis de 150 artistas irán subindo a un escenario que contará con todas as medidas de seguridade e salubridade necesarias, ao igual que o espazo reservado para o público. Pero a organización ten claro que, nestes tempos, é imprescindible apostar polo dixital, polo que o concerto poderá seguirse integramente online a través das redes sociais.

Máis de 4 horas de jazz en directo, interpretado por artistas galegos -150 dos preto de 225 censados como tales-, que pasarán a formar parte da historia musical ao transformarse na maior jam session celebrada en España.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo