portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/09/2020
concerto de A Pedreira no Val de Lourenzá.
25/08/2020
a gran festa do jazz coa maior jam session da historia este domingo en Lugo
20/08/2020
Primeiros nomes do "Revenidas‌ en conserva": Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"


Segundo o fundador da banda Bieito Romero, as pezas deste seu 19º traballo discográfico “visualizan historias de peregrinos chegados a Galicia que, desde Luar Na Lubre, recollimos en diferentes momentos e mediante diferentes vías, tamén por medio do relato de peregrinos modernos.” Nunha edición con libreto de 30 páxinas cheas de textos e fotos, de novo con Warner e desta vez co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, esta obra pretende pór en valor historias de peregrinos do Camiño de Santiago, máis concretamente ao seu paso por Galiza.

Resulta, por tanto, un agasallo para o público que ten a Luar na Lubre coma referente sonoro do Camiño Xacobeo ou a música tradicional galega, en especial a enraizada coa poesía medieval. Ademais, nesta liña aproveitan a ocasión para acompañaren o material novo dun segundo CD no que recompilan pezas de temática similar e con abondas colaboracións (Diana Navarro, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Miro Casabella, a Orquestra Sinfônica de Bratislava ou Carlos Jean). E precisamente o primeiro disco comeza con outra participación, a de Miguel Ríos en "Benvido", unha canción que nos retrotrae aos tempos do rock celta nos 80-90 e cunha letra na que non faltan tópicos. Tras esta introdución, entre as novas composicións intercálanse sonoridades propias dos sendeiros e lugares que percorre o itinerario xacobeo: pasos sobre as follas e a zahorra, gaivotas con instrumentos soando ao fondo, misa en Muxía, o son da Berenguela ...

Nun traballo sonoro inequivocamente de Luar na Lubre apenas atopamos sorpresas, pero cómpre salientar o canto en latín “Dum Pater Familias” do Códice Calixtino, homenaxes como a Don Elías Valiña, quen fora párroco no Cebreiro e recuperador fundamental do Camiño moderno; e inspiración, e inspiración ou versións do encontro en Dumbría entre o bispo armenio Mártiros de Arzendjan e a besta maligna Vákner; a lenda de Dugium, a cidade asolagada; os galegos de Glenshiel , "La Grande Chanson" ... todas comentadas no libreto que abre un texto de Antón Pombo.

Pepe Cunha, 12-agosto-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo