portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/01/2021
Guadi Galego "Costuras"
29/12/2020
Eladio y los Seres Queridos "Academia"
17/12/2020
Berlai "Cas Berlai"
03/12/2020
Ukestra do Medio "Outras lérias"
28/11/2020
eis o programa do Espazo Escena no Culturgal 2020
24/11/2020
Puerta Sur "Azabache"
Guadi Galego e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedra, 4-xullo-2020


O Concello De Pontevedra tiña programados neste 2020 cadanseu concerto de Xabier Díaz e Guadi Galego en diferentes ciclos: as Matinés do Principal e Voices. Nun claro apoio á cultura do país mantivo estas contratacións e apostou por unilas nunha cita especial. Ademais, nas circunstancias actuais, xuntar varios centos de persoas supuña un esforzo de produción que cumpriu cos protocolos e indicacións sanitarias con máis rigor que noutras actividades onde coinciden centos de persoas.

Se xa tiñan ganas os músicos de tocar ao vivo, sumaron aínda máis ao esgotaren as entradas o día anterior. Reencontrábanse co público e o sentido da súa profesión, polo que deron o mellor de si malia os nervios, o distanciamento físico e a rixidez das cadeiras. Guadi retomaba a exitosa xira de "Immersion" e Xabier por fin "sacaba o celofán" á de "As catedrais silenciadas". Ao tempo, ademais de cadanseu concerto impecábel, agasallaron cun par de colaboracións que fan aínda máis especial a cita.

Son momentos de compromiso coa cultura, e aínda máis coa do país. Aquí quedou unha primeira pedra posta con firmeza cara a recuperarmos concertos de tamaño medio nesta situación dura. Que non falten estas doses de dignidade, calidade e agarimo.






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo