portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
21/06/2021
Refree explora as posibilidades da música tradicional galega
18/06/2021
xa temos regueifas gañadoras no Enreguéifate !
09/06/2021
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"
27/05/2021
Ailá "Ailá"
26/05/2021
Narón e Neda acollerán o 5º Festival Jazz de Ría
21/05/2021
Joel Padín "Aughas mortas"
volve o Atardecer no Gaiás [9 xullo ao 13 setembro]


nota:

Velaquí unha nova edición de Atardecer no Gaiás! Urxíanos pórlle música aos solpores do verán, aínda que esteamos nun estío diferente. Por iso, o ciclo de concertos de balde ao aire libre da Cidade da Cultura adáptase nesta ocasión ao que "a nova normalidade" nos esixe; formatos máis pequenos reducindo a capacidade de asistencia para gozar desta experiencia coa seguridade de que se están a cumprir as medidas sanitarias de protección e de distancia social.

No entanto, isto non vai impedir escoitar ao vivo todos os xoves ao caer o sol a mellor música da escena galega nun amplo repertorio de estilos, no que non faltará pop, jazz, soul, flamenco, indie, tradi ou incluso trap con Fon Román, Verto, Xoana, Guadi Galego, Quintento Nós, dani, Budiño e Son Trío.

Fon Román | 9 xullo
Verto | 16 xullo
Xoana | 23 xullo
Guadi Galego | 6 agosto
QuintetoNós | 13 agosto
dani | 20 agosto
Budiño | 27 agosto
Son Trío | 3 setembro



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo