portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/07/2021
Trilitrate "Está de grelo"
22/07/2021
ciclo EXPERIMENTA II de Tele Clube, Lugo.
20/07/2021
Sinsal SON Estrella Galicia celebra a partir do venres 23 de xullo unha edición "Esencial"cun cartel secreto no que o 70% das bandas están lideradas por mulleres
16/07/2021
Mañá sábado 17 celébrase na Casa de Rosalía o festival "Abride a Fiestra" con Verto, Uxía e Berlai
02/07/2021
Fábrica de espejos "Mundo incierto"
26/06/2021
Caballero Reynaldo "Cosmos"
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais


nota:

Esta semana abriu a convocatoria do XII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...), que non fosen premiados nos cinco anos naturais anteriores do concurso.

O obxecto da convocatoria é difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”.

A dotación económica deste galardón é de 3.000 euros para o primeiro clasificado, 2.000 para o segundo, 1.500 para o terceiro e 1.000 para o cuarto e o quinto. O xurado realizará unha primeira selección dun total de cinco artistas e/ou grupos despois da audición das maquetas recibidas. Os grupos e/ou artistas que resulten preseleccionados accederán á fase de actuación en directo.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 10 de xullo. Consulta as bases da convocatoria aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/06/05/2020_0000003241.html

Fran Pérez, "Narf"

Fran Pérez, "Narf" ((Silleda 1968 - Santiago de Compostela 2016) foi un un compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono. Gustáballe definirse como "cancionista" e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou cinco discos como NARF: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’ con Uxía (2015); ”Nas tardes escuras" (El Patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro; "Aló irmao" (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa: "Tótem" (Falcatruada 2007) e "Directo en Compostela" (Changüí, 2003). Tamén compartiu disco e xira por España co proxecto ‘Mundo café’ xunto cos músicos Jabier Muguruza e Miquel Gil.

Ademais foi fundador da Sala Nasa e membro de grupos como a Psicofónica de Conxo, Os Kinindiola ou Nicho Varullo. Tamén compuxo para teatro e para obras audiovisuais, acadando múltiples premios.

Abriu camiños desde mozo no rock local, cando a música xuvenil ao vivo aínda era unha sorpresa en Compostela. Abriu camiños na integración significativa da música nas artes escénicas e nas sinerxias que alimentaron o fenómeno das salas alternativas autoxestionadas. Abriu camiños inéditos para quen quere facer da música profesión desde a independencia e a integridade. Abriu camiños para a conformación da escena musical local como hoxe a coñecemos e abriunos tamén cara o exterior, propiciando encontros inauditos coa música do mundo, encetando vieiros inexplorados. E todo cunha personalidade única de irrenunciable orixinalidade. As pontes que tendeu no mundo musical son agora motivo de aprezo e celebración.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo