portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
02/07/2020
As salas de concertos galegas preocupadas pola viabilidade do sector
02/07/2020
volve o Atardecer no Gaiás [9 xullo ao 13 setembro]
25/06/2020
Rubén Reinaldo & Kely García Guitarra Jazz Dúo "Acuarel"
18/06/2020
Clubtura e a Xunta de Galicia poñen en marcha Directos Xacobeo"21 en salas.
17/06/2020
os Premios da Música Martín Códax celebrarán o 21 de outubro a súa gran festa
14/05/2020
Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais
Fernando Barroso “Xograr”


Tras unha traxectoria ampla en concertos e gravacións arredor do folk-world music (Budiño, Os Cempés, Riobóo, Assembly Point, Trim ...), este ferrolán apaixonado das cordas pulsadas estreouse baixo o seu nome en 2016. “Intropía” era un disco riquísimo en sonoridades e súper aquelado no estudio, imposíbel de levalo ao directo. O seguinte “Silence Lovers Club”, xa especializado na mandolina, si estaba enfocado para interpretalo nos palcos, nun formato crú en dúo pero coa riqueza que achegaba Margarida Mariño no violoncello. Entre eses dous polos chega agora “Xograr”, onde incorporan sección rítmica con Álvado Trillo na batería e Sofia Neide no contrabaixo.

Malia ser o seu proxecto e ir consolidando unha personalidade propia, Barroso preséntasenos agora en banda, construíndo en grupo músicas clásicas, modernas, populares de varias tradicións e moitas veces en tratamentos libres cun selo de jazz. “Xograr” contén pezas máis inmediatas como “Baile de corredor” ou “Status”, sosegadas como “Camiño de Toxos” e catro colaboracións que reforzan a variedade que desexa ofrecer: as tres voces de Hugo Guezeta (SonDaRúa) en “Status”, Adufeiras de Salitre en “Unha vez unha melodía” e Sebastião Antunes en “A cantadeira de Belém”; e o Grupo de Cordas da Secção de Fado da Académica de Coimbra na estupenda “Mester de Mandolinas”.

“Xograr” é un álbum xeneroso, con moito no que deterse e reescoitar para aprecialo. Case unha hora de música a dosificarmos en 19 cortes -catro deles agrupados como “Oda aos navegantes” e dous en “Postáis da Última Viaxe"-, onde Barroso combina a naturalidade dun son popular e acústico cun tratamento actual. Segue a medrar, a reinventarse con resultados notábeis, procurando ser músico nun senso amplo máis que un virtuoso da mandolina, neste caso. Disque o difícil é deixar unha pegada propia, pero se non a ten xa é que aínda nos vai seguir ofrecendo máis ao que estarmos atentas.

Pepe Cunha, 20-maio-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo