portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns
08/07/2020
á venda as entradas para o festival SinSal Litoral Estrella Galicia
05/07/2020
Guadi Galego e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedra, 4-xullo-2020
02/07/2020
As salas de concertos galegas preocupadas pola viabilidade do sector
Todo el largo verano "Entre anticiclones y borrascas"


A primeira lembranza de Todo el Largo Verano vénme do nadal de 2006 nun recompilatorio de La Fonográfica General formado por bandas máis ou menos ferrolás. Alberto Amigo e Fernando Mata estaban detrás deste proxecto claramente pop ao que se foron sumando ou de que saíron diferentes músicos e vocalistas. Acompañando estes cambios espallaron a súa discografía en maquetas, singles, EPs, participacións en discos homenaxe e finalmente un álbum: "Todo el Largo Verano de Vacaciones en Marmolinos"(2009). Recentemente Alberto, tras participar en Los Huéspedes Felices, retoma este proxecto de pop con sofisticación e completa un traballo con máis peso e ao que tomar en serio.

Aquí pensamos nesa percepción máis “sisuda” que adoitamos outorgar a un disco que se presenta como conceptual, pero sen eclipsar a identidade das cancións que o conforman. A dualidade do título ten que ver coa disposición no álbum en torno ao amor e do desamor. As cancións reflicten un traballo minucioso que case sempre acada consistencia para a fervenza de harmonías vocais, capas instrumentais e non poucos detalles que recibimos. A gravación accesíbel nun estudio propio ou con medios caseiros permite, ou favorece, traballos coma este, que xunta cordas e ventos gravados en Ombre (Pontedeume), pianos no C.C. Torrente Ballester ou baterías en Maniños (Fene) para centralizalas polo propio Alberto Amigo no seu "El Tercero" (Ferrol). Finalmente, a necesaria masterización faise nos ferroláns RRStudios e a chulísima edición limitada en CD Digifile está deseñada por La Corporación, detrás da cal tamén está Alberto. Xa que logo, todo queda nunha comarca que con este disco bota máis lume ao seu fervedoiro pop.

De primeiras pode parecer que non, pois non abondan retrousos ou estruturas moi directas pero tampouco pecan dun barroquismo excesivo. Porén, só cun chisco de atención vanse apreciando cancións das que funcionan. Alberto, desta vez canda Luis Blanco e Carolina Rodríguez - e Mata nun par de composicións-, preséntaas xa desde o principio, pois "El resplandor" abre a porta a unhas pezas alimentadas por Beach Boys, Los Brincos, Love, La Costa Brava, La Buena Vida, The Flaming Lips ... Cun aire de aparentes inxenuidade ou sinxeleza describen momentos e sensacións de nostalxia (“Aquellos días”), separación ("Un año por delante”), desconcerto ("Viajando en círculos"), felicidade (“A tu lado”), compañía (“La misma moneda”), ausencia ("Si no estás") ... O pop é así.

Pepe Cunha, 15-marzo-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo