portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns
08/07/2020
á venda as entradas para o festival SinSal Litoral Estrella Galicia
05/07/2020
Guadi Galego e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedra, 4-xullo-2020
02/07/2020
As salas de concertos galegas preocupadas pola viabilidade do sector
Ruxe Ruxe “O estraño falar dun monstro da aldea”


Que a nosa banda de rock máis prolífica mudase a estas alturas a súa proposta resultaría moi sorprendente. Desde o seu debut homónimo de 1999 suman, con este, unha ducia de álbums co selo inequívoco do rock combativo con tinguiduras punk a maior honra dos Clash. Porén, desta vez tomaron máis tempo do habitual -“20 segundos” data de 2016- e, conscientemente ou non, ese repouso e os novos aires que entraron sentáronlles ben: un par de cambios na banda e a produción de Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu, Nación Reixa) racharon a inercia compositiva e sonora.

Seguen a ser inequivocamente eles, xa desde o aviso de que esta colección son “trece anacos de salvaxe bondade e outros tantos retallos de cuspida maldade”. Os textos, sempre directos, falan dunha parte do amor polo país (“Estrelas e sereas”) e a terra (“Terra nai”) unido á crítica a quen os maltratan (“Lume na aldea”) ou faltan ao respecto, en especial dende unha posición de poder (“Aríns-Angrois”). Da outra, hai letras sobre a vida (“Lei de vida”, “Sae o sol” ou “Cada día, cada hora; golpe a golpe, esta vida é unha escola”) ou máis persoais como “Diaños”, que ha de ser un clásico nos seus directos.

Tanto se che gustaban como se non moito, recoñecerás neste probablemente o seu disco máis compacto, cun estilo que non muda, con ese rock and roll “Doente e afiado” que latexa contundente na percusión e coas guitarras, con dúas mostras de punk nun minuto (“Cretino” e “Manicomio”) e eses skas herdeiros do rock radical vasco (coma ese “Sans Fins” cantado polo compositor Vituco e a baixista Xulia). Aquí o produtor non podía ser mellor acaido pero que dicir de como fai lucir as cancións cos ventos de gaita, saxo ou harmónica! Todo un acerto dos Ruxe Ruxe, eles mesmos pero mellorados.

Pepe Cunha, 13-marzo-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo