portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns
08/07/2020
á venda as entradas para o festival SinSal Litoral Estrella Galicia
05/07/2020
Guadi Galego e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Pontevedra, 4-xullo-2020
02/07/2020
As salas de concertos galegas preocupadas pola viabilidade do sector
A Banda da Loba "Fábrica de luz"


Hai exactamente dous anos dun prometedor debut “Bailando as rúas" que levou estas cinco mozas a dar máis de setenta concertos. Quen tivemos a oportunidade de asistir a máis de un destes apreciamos como o seu son ía convencendo coa rodaxe nos palcos, dándolle consistencia a aquela banda amateur. Talvez a estrea non lles facía xustiza ou puido ser máis macerada no son, pero o importante é que amosaba un núcleo, unha idea base que segue aí e que se consolida nesta segunda colección de cancións ao tempo que nola achega a outros estilos ou influencias. Proba disto é "Anagnórise", a canción que gravaron entre ambos discos e que aquí recuperan.

Seguen na procura dunha identidade propia que musicalmente se asenta nunha sorte de pop-folque desde a que se achegaren a outras sonoridades. A novidade é que incorporan a guitarra eléctrica á acústica, o que non significa que agochen un violín e a voz que son ineludíibeis para ese selo propio. Ademais, a base rítmica crece en matices a base de mesturar bolero con kleztmer ("Tigres coma cabalos") ou reggae-ska ("A rede"), non só o que entendemos por pop e rock e esa querencia polo tradi. O adianto homónimo do álbum e inicio do mesmo invita a viaxar a aqueles anos 80 dun pop bailábel e bandas como The Corrs, por citarmos unha formación coñecida doutro país celta. Sen caer na simpleza, consolidan un repertorio de letras propias, algunhas con forza máis sentimental ("Corazóns de xiz", "Adondar a lingua" ...)" e outras máis reivindicativa ("Morra o conto", "A rede", "Luz no furacán" ...), pero sempre con doses de compromiso, delicadeza, resistencia ou fermosura, ao igual que ao musicaren poetas tanto clásicos (Manuel María, Rosalía de Castro) como contemporáneos.

Os vimbios que o quinteto expuña no seu debut non desaparecen, sinal de que ten bastante clara a súa proposta, pero cada vez se amosan máis destras á hora de manexalos. Inspirado polo concepto de nai (terra, lingua, nais ... ), "Fábrica de luz" significa o que esperabamos delas, un paso firme, cara adiante e optimista sobre o que aínda poden dar, en especial puíndo ese mergullo noutros estilos que non sempre funciona.

Pepe Cunha, 10-xaneiro-2020



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo