portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/05/2020
Zënzar "Benvidas ao futuro"
20/05/2020
Fernando Barroso “Xograr”
12/05/2020
comunicado do WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA
16/04/2020
Xa coñecemos os novos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020
09/04/2020
Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo"
30/03/2020
o director orelludo Pepe Cunha nos Tanxuvermús
María Fumaça "O veleiro verde"


Fiel á súa cita con estas datas familiares, e tras o recompilatorio do pasado Nadal, chega un novo traballo de María Fumaça. Sen perder o espírito orixinal, o proxecto evoluciona a carón do seu inspirador Rui, que hai moito que deixou de ser un neno. Deste xeito, amplía unha visión do que pasa no mundo e aquí atopamos cancións que protestan «pois abonda xa de non respectar a inclusión, a igualdade de xénero e o dereito a medrar nun planeta vivo, verde e con futuro».

Agora no musical hai funk e flow ("O rape de Rui"), rock rebelde ("Canción protesta"), reggae e mesmo "Ruiguetón" para acompañar ritmos máis habituais en María Fumaça, como os que teñen que ver co tradicional ("Bota punto / pasodobre de Bamba") e outra achega a liña daquela "O peixe de Manola" con Tatán e Blanca nas voces. Ademais de letras e músicas ben bonitas de Raquel e Chus Domínguez, a nai de Rui, seguimos atopando a madriña Uxía, que asina o tema que titula o disco e dedicado ao barco Rainbow Warrior de Greenpeace; a Magín Blanco que achega o ghit "Ruiguetón"; o guionista Alfonso Pato, director do Festival de Cans, estréase como letrista con María Fumaça en "A pita de Fita" e "A árbore de Manolo"; "Fago o camiño" é un agasallo de Ico (O Sonoro Maxín), "Estou plof" de Carlos Blanco ... e o director musical Sérgio Tannus dándolle sentido a todo canda Isaac Palacín. Ademais, non faltan un par de versións: unha en italiano (“Volevo un gatto nero") e outra en portugués ("Carteiro em bicicleta" de Joao Afonso).

Como vemos, a familia segue aí e suma simpatizantes e colaboradores, consolidando o que a caracteriza: novos versos que cantar, e van ducias, coma exemplo de cancións para crianzas que non as tratan coma parvas, senón curiosas, optimistas e tamén reflexivas. "Un espazo contigo", peche do disco, é unha preciosidade para calquera idade. Como as ilustracións de cada entrega, sempre asinadas por Pablo Pastor. A colección Sonárbore da editorial Galaxia fai que vexa a luz unha vez máis o libro-disco de María Fumaça. "Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!"

Pepe Cunha, 25-decembro-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo