portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
09/04/2020
Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo"
30/03/2020
o director orelludo Pepe Cunha nos Tanxuvermús
27/03/2020
Grande éxito de inscricións nos Premios Martín Códax da Música Galega con preto de seiscentas
18/03/2020
Los Enemigos "Bestieza"
17/03/2020
J. Teixi Band "Showtime"
16/03/2020
O Son do Río "De raíz"
a intensidade do temporal León Benavente no Teatro Colón, 19-dec-2019


Cando estes catro músicos consolidados como instrumentistas noutras bandas decidiron probar con este proxecto non pensarían que a cousa ía ir tan rodada. Abraham Boba, Eduardo Baos, Luis Rodríguez e César Verdú andaban sobrados de táboas e a esa solvencia no directo foron sumando un feixe de cancións con marca propia e moitas delas himnos potenciais. Con só dous álbums xa se situaran por riba de media do indie patrio e non paraban de tocar, pero decidiron parar a coller folgos e crear un terceiro disco, “Vamos a volvernos locos”, que con tres meses no mercado non fai senón reforzar máis a súa traxectoria intensa.

Polo visto onte, semellan ser dos que cando acadan un status que o permite non escatiman no equipo técnico (tanto son coma luces) e con esta actitude regresaron á Coruña anos despois dunha visita a LeClub que recordaba Boba antes de atacar un daqueles primeiros himnos: “Ánimo, valiente”. Sen apenas pausas e cun público entregado repasaron con contundencia as dez novas cancións e recuperaron até oito da súa produción anterior. Foi desde a primeira destas, “La Ribera”, que boa parte do público pasou das butacas para escoitar en pé. Mellor moverse ante tal contundencia de luces e son.

“Gracias por lo que nos está pasando”, dicía o entregado frontman da banda, semellando que son conscientes e están a asimilalo ben. Non é habitual a coincidencia de calidade e popularidade e neste caso a banda si está a ter o recoñecemento: boas críticas dos seus traballos e teatros e salas cheas. O público que se citou no Colón é testemuña de que León Benavente están pletóricos e serán ben recibidos en calquera dos grandes festivais.

Pepe Cunha, 20-decembro-2019

repertorio:
Cuatro monos
Amo
Como la piedra que flota
La Ribera
Se mueve
Mano de santo
Estado provisional
Tu vida en directo
Ánimo, valiente
Volando alto
No hay miedo
Tipo D
California
Disparando a los caballos
Ayer salí

bises:
La canción del daño
Ser brigada
Gloria




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo