portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
06/02/2020
Tanxugueiras "Contrapunto"
28/01/2020
O minimal jazz de Tomaga, o folk escuro de Emily Jane White e a exploración de Lea Bertucci, na cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras
27/01/2020
Quique González no ciclo Voices, Pazo da Cultura de Pontevedra, 25-xaneiro-2020
10/01/2020
A Banda da Loba "Fábrica de luz"
10/01/2020
o Esmorga Fest recibe o ano confirmando 4 novas bandas ao seu cartel : Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Böira e Moura
09/01/2020
libro disco "Magín Blanco. O camiño da luz", por Carlos Rego
Ariel Ninas, Catalina Moura e César Prata “do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal”


Coñeciamos a colaboración do portugués César Prata (guitarra, tounguedrum, dulcimer, adufe, voz) e o galego Ariel Ninas (zanfona, sinos, adufe, voz, harmónica) polo álbum "Cantos de cego da Galiza e Portugal". Nun labor semellante, e sumando a voz da portuguesa Catarina Moura, recolleron e arranxaron máis dunha ducia de cancións tradicionais da época natalicia de ambas as marxes do Miño. En principio, interpretáronas ao vivo no Natal pasado e agora preséntanas gravadas coa edición, unha vez máis, da Central Folque.

O disco contén "Cancións de Noiteboa ou de Consoada, de Natal, Manueles, de Ano Vello ou de Aninovo, de Reis ou Xaneiras,… repertorio que popularmente se interpreta de casa en casa por un grupo de persoas que piden o aguinaldo. Mudanza de ciclo anual e solsticio de inverno, cantos ao Neno, aos Reis Magos e á Epifanía nun estilo moi particular e diferente doutros xéneros das nosas músicas populares."

Ademais das pezas tradicionais, interpretan un poema de Fernando Pessoa ("Chove") e unha peza de Angel Custodio Santabaya ("Ou do casa!") na que a zanfona asume as voces orixinalmente escritas para varios instrumentos e coro. O resultado confirma, por didáctico e pola interpretación tan coidada, que cumpría recollelo en disco, neste caso un digipack con libriño coas letras e un texto explicativo de Domingos Morais.

Pepe Cunha, 19-decembro-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo