portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/05/2020
Fernando Barroso “Xograr”
12/05/2020
comunicado do WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA
16/04/2020
Xa coñecemos os novos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020
09/04/2020
Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo"
30/03/2020
o director orelludo Pepe Cunha nos Tanxuvermús
27/03/2020
Grande éxito de inscricións nos Premios Martín Códax da Música Galega con preto de seiscentas
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”


Este dobre CD compilatorio coincide coa publicación do dobre vinilo "Memorias de un tren", que repasa e reivindica a traxectoria dos míticos Mermelada, xerme canda Los Elegantes do proxecto que protagoniza estas liñas. Sempre desde Madrid, varios músicos destas dúas bandas referentes de sons estadounidenses en castelán colleron o testemuño coa chegada do novo século e baixo o nome do seu principal compositor: Javier Teixidor. Desde que comezou o século, a J. Teixi Band son probablemente a formación española máis solvente e sólida na aliaxe de rhythm and blues, soul e rock. Se no 2011 editaran só un repaso da súa etapa Warner (até entón os álbumes “New crónicas”, “Voodoo Bar” e “Hazme una seña”), agora si que fan xustiza a case dúas décadas de traxectoria.

Nesta colección de 34 cortes non faltan éxitos como “Un beso mas”, ”Yo ya no soy”, “Es cruel”, ”Yo quiero ser”, “Psychedelic Sally”, “Rosas rojas”, “No quiero escapar”... mais ten que haber algún agasallo máis e por iso esta edición engade o reclamo de novas mesturas, remasterizados, temas ao vivo, unha toma alternativa de “Yo ya no soy” e cinco gravacións novas: “I don”t wanna go home" (coa voz de Velma Powell), “Ahora y siempre”, “Blues del carbón", “Un beso más” e “Mundo extraño”. Äs xa editadas nada cómpre engadir, pero das novas o mellor que se pode dicir é que soan tan directas e efectivas como nos teñen acostumados. Se non os coñeces, aproveita este traballo e as súas dúas paradas en Galiza esta semana. As súas facetas de estudio e directo fanse xustiza mutuamente.

Pepe Cunha, 2-decembro-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo