portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/05/2020
Fernando Barroso “Xograr”
12/05/2020
comunicado do WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA
16/04/2020
Xa coñecemos os novos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020
09/04/2020
Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo"
30/03/2020
o director orelludo Pepe Cunha nos Tanxuvermús
27/03/2020
Grande éxito de inscricións nos Premios Martín Códax da Música Galega con preto de seiscentas
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)


En 2015 vía a luz unha reedición remasterizada en vinilo de “Coge el tren”, o álbum de debut desta banda madrileña. Con aquel traballo en 1979 no mítico selo Chapa (Cucharada, Asfalto, Los Elegantes, Leño, Ñu ...) convertéranse, para crítica e público abondo, no referente estatal da música negra americana e a súa revitalización británica (Dr. Feelgood, The Jam). A mediados dos 80 encadearon tres traballos que os mantiveron arriba e coa chegada dos 90 perderen protagonismo coas modas do indie ou o grunge, como aconteceu con outras bandas máis ou menos asociadas á Movida.

Coincidindo coa aparición da súa canción mítica “Coge el tren” no popularísimo filme “Campeones” chega agora un repaso da súa traxectoria nun recompilatorio en dobre vinilo que ademais agasalla cun CD gravado ao vivo na súa xira de 1992: “En el escenario”. Aquí están “Coge el tren”, “Las seis menos cuarto”, “Bebiendo y bailando”, "Fiebre", "Vuelvo a las calles", "Solo calor", "Algo mejor"... algunhas das versións notabeis que se marcaban de Nick Lowe ("Bésame o déjame"), Marshall Crenshaw ("No vuelvo más") ou The Blasters ("Mary Mary"). Coma novidade achegan a inédita "Se asustó" e unha toma alternativa de "Vueltas"

Tanto se o entendemos como un exercicio con dose alta de nostalxia ou como unha reivindicación, esta edición fai xustiza ao legado magnífico a esas composicións equilibradas en inmediatez e calidade de Javier Teixidor para un banda que é sinónimo do mellor rock and roll en castelán. Afortunadamente, a J. Teixi Band mantén o seu legado no que levamos de século.

Pepe Cunha, 28/11/2019


Discografía de Mermelada:

“Coge el tren” (1979)
“A punto” (1981)
“Confianza” (1983)
“Recomendable” (1985)
“Fiebre” (1986)
“En el calor” (1987)
“Seis y 9” (1990)
“9 bajo cero” (1992)
“El nº 1” (1994)



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo