portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
03/12/2019
Cristina Pato organiza este xoves unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias en España
02/12/2019
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”
28/11/2019
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)
18/11/2019
Guadi Galego presentou a súa nova "Immersion" na Sala Capitol, 15-nov-2019
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
Dani Flaco "Al alimón"


Talvez máis ca ningún outro, o circuíto de cantautor/a distínguese pola camaradería entre artistas, coas propostas máis coñecidas arroupando as que aínda o son menos. Cómpre un traballo continuo para pasar de tocar diante dunhas ducias de persoas a facelo diante de centos, se algunha vez se consegue, e hai nomes que levan moito tempo aí na loita por compartir a súa nova mellor canción. Como tantos outros, este cantautor de L"Hospitalet de Llobregat deixou de tocar en bandas e comezou en solitario hai case un par de décadas. Agora decidiu coller impulso e tirar de amizades feitas nese tempo para con elas reivindicar once cancións do seu repertorio. Escolleunas principalmente dos seus álbumes máis recentes, "Verbenas y fiestas menores" (2017) e "Versos y madera" (2014), onde atopamos ese grao de maduración que deixa atrás tics ou referencias máis obvias para afianzar un selo propio e os seus textos desgarrados.

Poucos poden presumir de chegar xa a un oitavo disco e menos aínda de se acompañar de referentes da canción de autor coma Javier Ruibal, Pedro Guerra, Ismael Serrano ou Andrés Suárez. Porén, esa faceta roqueira que conserva tamén propicia que aquí estean os M-Clan, Álvaro Urquijo, Manolo García ou os vocalistas de Sidonie e Love of Lesbian. Estes últimos nomes son parte da variada escena musical barcelonesa, onde están tamén Las Migas, co-protagonistas da colaboración máis sorprendente e das máis celebrábeis do disco: "Y ya". E non esquezamos salientar a outra colaboración feminina: Rebeca Jiménez en "Cincinatti".

O reto de xuntar todo este elenco e darlle uniformidade sae moi ben parado grazas á produción duns referentes como Santos&Fluren e, ademais deles, outros músicos tan solventes como Pepo López nas guitarras, Xavi Molero á batería ou Ricky Faulkner ao baixo. A ver se este traballo e as súas presentacións en formato reducido lle conseguen a popularidade suficiente para poder pasear o seu repertorio cunha banda desta categoría. Un disco recomendábel para ouvidos afeccionados a este estilo de cantautor con certo aire roqueiro: Quique González, Jero Romero, Manolo Tarancón. Pablo Moro, Fabián, Alfredo González ... cadaquén coas súas particularidades, claro está.

Pepe Cunha, 14-novembro-2019

• “Versos y madera” con Manolo García
• “A ras de suelo” con Álvaro Urquijo de Los Secretos
• “Fiesta de pijamas” con Santi Balmes de Love of Lesbian
• “Cincinnati” con Rebeca Jiménez
• “La última vez” con M-Clan
• “Nomeolvides” con Andrés Suárez
• “Llegó la primavera”con Marc Ros de Sidonie
• “Otra piel” con Pedro Guerra
• “Y ya” con Las Migas
• “El mayor de todos mis miedos” con Ismael Serrano
• “De quicio” ” con Javier Ruibal.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo