portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
22/10/2019
Ortiga "Chicho y sus chichas"
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
Clubtura non está conforme cos horarios propostos pola Xunta no novo catálogo de actividades


nota:

A Asociación Galega de Salas de Concertos - Clubtura- fixo pública a súa intención de presentar alegacións á proposta do novo catálogo de actividades vinculado á Lei de Espectáculos presentado pola Xunta, un documento que propón reducir o horario de apertura das salas de concertos ás 4 da mañá, mentres que permitiría ás discotecas e salas de festas permanecer abertas ata as 5 da mañá.

“Esta diferenza horaria supón un problema desde o momento en que o propio catálogo de actividades permite ás discotecas e ás salas de festas albergar concertos en directo”, explican desde a directiva de Clubtura, “e así o trasladamos nas reunións mantidas coa Xunta en todo momento”.

Para Clubtura, o feito de non recoñecer ás salas de concertos como únicos locais capacitados para albergar música en directo é incompatible co feito de pretender reducir o seu horario. “As salas de concertos vivimos en constante competencia con outros locais que programan música en directo sen contar coas condicións que se nos esixen a nós, se coa nova normativa a Xunta reduce o noso horario a competencia desleal pasará a ser algo amparado legalmente”, explican desde o colectivo.

Por iso, desde Clubtura anuncian que esixirán á Xunta que todos os locais aos que se lles permita organizar espectáculos en vivo conten co mesmo horario de apertura, “porque o contrario supoñería unha discriminación intolerable contra un colectivo, o da música en vivo, que veñen sendo habitualmente maltratado polo goberno autonómico, algo que non podemos tolerar”.

A Asociación Galega de Salas de Concertos lembra á Xunta a importancia de protexer e manter vivo un sector que permite o nacemento de novos talentos musicais, e que se ve claramente discriminado fronte a outros sectores culturais, ou fronte ao ámbito dos festivais de música, que si contan co apoio e protección da Xunta de Galicia. “Galicia é unha comunidade cunha idiosincrasia moi específica, con moitos núcleos poboacionais máis comunicados e pequenos. Se non coidamos do sector da música en directo e máis concretamente das salas pequenas, maioritarias na nosa comunidade, corremos o risco de que unha enorme porcentaxe da poboación perda o acceso para vivir e gozar música en directo, o que supoñería, ademais, a desaparición paulatina dos novos proxectos musicais, que non atopan oco nos festivais, pero si nos nosos escenarios”, apuntan desde Clubtura.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo