portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/01/2020
A Banda da Loba "Fábrica de luz"
10/01/2020
o Esmorga Fest recibe o ano confirmando 4 novas bandas ao seu cartel : Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Böira e Moura
09/01/2020
libro disco "Magín Blanco. O camiño da luz", por Carlos Rego
05/01/2020
o 2019 para Ábrete de Orellas
27/12/2019
Leilía enchen dous días no Principal de Compostela e gravarán un DVD que sairá á venda en 2020.
25/12/2019
María Fumaça "O veleiro verde"
Dios Ke Te Crew presentaron "O ciclo da serpe" na Sala Capitol, 11-maio-2019


Había meses que anunciaran o seu regreso aos palcos e coas primeiras escoitas ao disco novo sabiamos que non ía ser un simple repaso de novas cancións e clásicos da banda. Chegou a cita e achegouse ás dúas horas incluíndo unha performance inicial, as proxeccións de AL Crego e colaboracións de Alto Asalto, El Hermano L. ou Santino á guitarra eléctrica. Tamén invitaron colectivos da terra a visualizar a súa causa, que en realidade debe ser a de todxs.

Tras a saída de García MC do proxecto, Mou, Sokram, Jamas e Murdock presentaron e suaron, con baile e algún que outro pogo, todas as novas cancións: "Silencio", "A catapulta", "A cachimba", "Avances", "Cacharela", Plvs ultra", "Trance", "7 pecados", "15680", "Melancolía" ... Como tiña que ser, recuperaron as coreadas "Berra!", "Rebenta!", "Dáme ighual", "Benvido a Mordor", "Herdeiros da ditadura", "Dios ke te crew" ... e engadiron o "Mutant Roll" do disco de Sokram.

Había unha gran entrada na sala, cun público entregado e máis variado do habitual na escea hip-hop e rap. Será que a súa proposta é quen de superar barreiras estilísticas e tribos. Estiveron á altura das ganas de velos e o espectáculo non defraudou. Agardamos podan xiralo polo país como merece.

Pepe Cunha, 13-maio-2019







Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo