portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
14/05/2019
Xoán Curiel "Canta, miña pedra, canta"
09/05/2019
Belako, Jello Biafra, Los Punsetes, Paco Ibáñez e Joe Crepúsculo actuarán no Noroeste Estrella Galicia 2019
09/05/2019
Mendizábal "Disparo revelador"
09/05/2019
Proxectos premiados nos VI Premios Martín Códax da Música
06/05/2019
Los Enemigos no Auditorio de Ferrol, 4-maio-2019
06/05/2019
Comeza a venda de abonos e entradas para Sinsal SON
Xoán Curiel "Canta, miña pedra, canta"


A colección Sonárbore de Galaxia non falla á súa cita co público infantil e o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, aínda que o mestre galeguista Antón Fraguas non entre no prototipo de poeta-autor do que musicar poemas de corte infantil-familiar, a práctica máis habitual nestas ocasións. Porén, Xoán Curiel, que xa nos ten mostrada a súa versatilidade con traballos de seu e recentes achegas ao público infantil ("Estamos no verán!" e "A casa do terror"), proponnos unha viaxe inspirada na vida e obra do homenaxeado, con letras compiladas por este para o Cantigueiro de Cotobade e creando agora outras inspiradas na súa vida. Completa aís un libro disco con once pezas que combinan o acompañamento de sons tradicionais canda outros estilos ou tratamentos máis modernos como o country, o pop, o reggae ou algo de rap.

Ademais dun traballo musical ben acabado coa colaboración de músicos notábeis coma Sérgio Tannus, Roberto Grandal, Carlos Freire ... a voz de Jara Ortíz e o tamén produtor Alfonso Camarero, cómpre salientar as pezas con letras asinadas por Curiel "ad hoc". Nelas sinálanos feitos e situacións relevantes na vida de Fraguas, especialmente cando neno: "Aventura de escribir", "As cantigas de Mamá Antonia" a unha "segunda nai" de Fraguas, , "Bolboretas na barriga", "Batendo nas pedras" e o seu ar antigo, case medieval. "Vai saír o tren" e dúas con ollada ao Brasil, onde emigrou o seu pai: "Como me río de ti", "Aldeíña por aldea".

Non sei se gustará máis a crianzas ou a pais, pero resulta ben recomendábel para escoitármolo en familia e cumprir coa data sinalada. E se falamos dun libro disco de Sonárbore, a parte visual ten esa importancia enorme á que responde aquí Nuria Díaz cunhas ilustracións ben bonitas.

Pepe Cunha, 18-maio-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo