portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
14/05/2019
Xoán Curiel "Canta, miña pedra, canta"
09/05/2019
Belako, Jello Biafra, Los Punsetes, Paco Ibáñez e Joe Crepúsculo actuarán no Noroeste Estrella Galicia 2019
09/05/2019
Mendizábal "Disparo revelador"
09/05/2019
Proxectos premiados nos VI Premios Martín Códax da Música
06/05/2019
Los Enemigos no Auditorio de Ferrol, 4-maio-2019
06/05/2019
Comeza a venda de abonos e entradas para Sinsal SON
Mendizábal "Disparo revelador"


Dicir que as primeiras impresións poden condicionar moito unha opinión non é achegar nada, pero cómpre de cando en vez chamar a atención sobre os nosos prexuízos e as présas por etiquetar ou colocar nunha caixiña. Comezo así este comentario porque facer cancións de corte norteamericano en castelán inmediatamente nos leva a pensar nuns Quique González, Antonio Vega, Enrique Urquijo ... Desde logo son referentes para este vasco afincado en Valencia e así pensarás tamén se lle dás unha escoita; pero a canción pop-rock con arumes folque e predominio do acústico pode levarnos tamén a Jackson Browne, Van Morrison ou tamén a Beth Orton, Josh Rouse ou José González. E todos estes nomes foron víndome á mente mentres lle ía dando escoitas a este disco.

Mais pódense ter as mellores influencias e non entregar un traballo digno para con elas e asimilando esa variedade. Non é o caso do segundo disco de Mendizábal, que asina cancións tan honestas coma ben acabadas e transmite con elegancia emocións persoais. Ademais, ponse nas mans de Xema Fuertes e Cayo Bellveser, produtores e músicos valenciáns que teñen traballado con Josh Rouse, Ciudadano, Alondra Bentley, Travolta, Maderita ... Xuntos se encargan da maior parte do traballo, pero tamén contan con achegas ben medidas que contribúen a tirar brillo das cancións, coma os violíns nas recomendabilísimas “Pequeña Irene” e “Nuestros versos” ou a guitarra eléctrica de Carlos Soler na apertura máis roqueira de "Partida", “Herederos", onde nos reencontramos coa voz do seu colega Manolo Tarancón, ou "Luces de verano", que me lembra, para ben, claro, o "Día de feria" de Quique González.

Ademais das mencionadas, o resto do disco merece tamén atención e calma, polo ben equilibrado que está: o ar trip-hop folkie con loops e certo mantra de "La boca del lobo" (que na edición física tamén aparece en versión demo), a balada "Como si no tuviera importancia", o toque medieval co fliscorno en "Pasajes de regreso" ... e sempre melodías bonitas, sen edulcorar, até o final con “Buen viaje”, un instrumental fermoso adicado ao seu compañeiro felino. Un traballo de gusto impecábel, sutil, preciso e humilde, o que non significa ser pobre en ferramentas, senón usalas na medida necesaria para que a música vaia fluíndo e gañándote sen sobresaltos. Edita La Viejita Música, selo "cómplice" do mencionado Tarancón e Fabián.

Pepe Cunha, 9-maio-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo