portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/05/2020
Zënzar "Benvidas ao futuro"
20/05/2020
Fernando Barroso “Xograr”
12/05/2020
comunicado do WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA
16/04/2020
Xa coñecemos os novos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020
09/04/2020
Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo"
30/03/2020
o director orelludo Pepe Cunha nos Tanxuvermús
Germán Díaz e Benxamín Otero "Trece Cancións Bonitas"


Darlle título a un disco ou a calquera outra expresión artística ten o seu aquel. Pode ser evocador, cronolóxico, curioso, soso, orientativo, significativo ou desconcertante. “Dous”, “Spectacles for Tribuffalos”, “Frutal Death”, “Intropía”, “Bailables”, “Radio Pesquera” ... son algúns dos títulos que acompañarán nos meus estantes a este que vos presento. Así de paso recupero outros discos deses difíciles de etiquetar e aos que gardo cariño especial pola súa mestura de singularidade, valentía, carácter máis instrumental ou calidade interpretativa. Neste álbum, dous músicos recoñecidos agasállannos con arranxos novos para unha serie ecléctica de cancións escollidas por bonitas. Así de simple e clarividente é o criterio.

O vallisoletano afincado en Galiza Germán Díaz tenos acostumados a acompañar a súa mestría á zanfona coa recuperación de instrumentos con sonoridades que nos retrotraen a tempos de máis atención e calma para coa música; e que tamén nos transportan a outras latitudes, coma a percusión ao bendhir ou o zarb. Desta vez, o seu manexo de instrumentos mecánicos (o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programábel ) únese á mestría do lalinense Benxamín Otero no corno inglés e o oboe. En "Trece canciones bonitas" encóntranse desde Schubert e Satie até o propio Díaz, pasando por Galliano o Clastrier, sen obviar obras de cancioneiros tradicionais como o de Inzenga o de Federico Olmeda, ademais de pechar cun extra breve pero igual de fermoso: o tradicional "Canto del Bierzo". E tamén hai unha peza cantada, a lixeira e popularísima "Si vas a París, Papá!". E eu pregúntome como unha peza tan recoñecida e versionada como "Alalá de Muxía" pode volverme namorar nunha nova lectura.

Toda esta variedade, gravada nun só día, cobra sentido na man duns artistas tan creativos e accesíbeis que fan unhas presentacións ao vivo recomendabilísimas polo seu didactismo e encanto, resumido aquí nas notas no libriño. Non deixen pasar a oportunidade de se encontrar con esta fermosura que conta, comme il faut, cunha presentación física tamén ben bonita, coas fotografías do propio Benxamín e deseño gráfico de Fernando Fuentes.

Pepe Cunha, 3-maio-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo