portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
14/05/2019
Xoán Curiel "Canta, miña pedra, canta"
09/05/2019
Belako, Jello Biafra, Los Punsetes, Paco Ibáñez e Joe Crepúsculo actuarán no Noroeste Estrella Galicia 2019
09/05/2019
Mendizábal "Disparo revelador"
09/05/2019
Proxectos premiados nos VI Premios Martín Códax da Música
06/05/2019
Los Enemigos no Auditorio de Ferrol, 4-maio-2019
06/05/2019
Comeza a venda de abonos e entradas para Sinsal SON
Xacobe Martínez Antelo Trío "Capturas"


O contrabaixista compostelán é un deses músicos que conseguen transmitir e engancharte ou reafirmarte en propostas que talvez non son as máis habituais. Se consumes jazz con certa frecuencia xa sabes que é dos nosos intérpretes e compositores máis interesantes, e non só por ser unha das tres patas de Sumrrá. "Isto é Jazz" (2005), "Xacobe Martínez Antelo Trío" (2008) e "Jazz from Galiza" (2010) son os álbums que preceden este cuarto tras o seu nome: "Capturas", resultado do seu traballo no contrabaixo canda os de Xosé Miguélez no saxo tenor e Max Gómez na batería.

O compromiso coa creatividade nas oito composicións propias vai acompañado á hora de darlles título tamén dun espírito crítico cos tempos que vivimos: "A política lingüística de Alberte", "Conciliade, malditos", "Non alimenten ó Troll", "O precariado" ... e unha lembranza ao señor Jon Scullard, unha desas persoas necesarias. Oito "Capturas" que son mostra de que o jazz feito na Galiza segue a gozar dunha saúde excelente.

Se estás no jazz, sabes do que falo e probablemente non é "Nada novo baixo o sol", pero se non estás tan familiarizado proba esa peza ou, por exemplo, "Déixao ir", a que pecha o disco. Verás que se trata de deixarse levar pola conxunción de tres músicos magníficos. Si, niso consiste, en enfrontarse a música que pasa bastante das etiquetas, e a de jazz non limita. Ademais, vén presentado nunha edición elegante deseñada por Roge Fernández que podes adquirir na súa web ou, mellor, nalgún dos seus concertos.

Pepe Cunha, 30-abril-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo