portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
14/06/2019
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.
01/06/2019
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz
07/06/2019
Holywater “Arboreal”
04/06/2019
Santero y los muchachos “Rioflorido”
The Soul Jacket "Plastic Jail"


Desde o seu debut de 2011, esta banda da zona de Vigo non deixa de ofrecer tratados notábeis de música de raíces norteamericanas. Moito rock clásico, repasando rhythm & blues, rock & roll, soul sureño ... Desta nova entrega agardabamos ver cara onde podían escorar ou que novidade tiñan que ofrecer e podemos sinalala en relación a dúas coordenadas máis luminosas e pop (California e as Illas Británicas) pero sen deixar de pasearen sobre esa ponte dourada entre os 60 e os 70. Ás referencias que nunca agocharon podemos sumar agora Big Star, Heartbreakers, The Kinks, The Beatles ...

Con só un par de escoitas constatamos que volveron facer un disco magnífico. Moi completo, pois combina singles potenciais e directos con temas máis densos ou medios tempos. Dous temas por baixo dos tres minutos son auténticas bombas con cadanseus instrumentos invitados: “Everybody Runs” cos saxos e «Fire» coa harmónica que prende o lume a cargo de Óscar Avendaño. Eses ventos engaden máis brillo a algunhas desas composicións que seguen a construír desde a tradición para entregaren obras novas. Téñennos afeitos a tendencias máis inequivocamente norteamericanas como “Better Days Are Coming” ou unha versión xoguetona de “Let the Good Times Roll”, a romántica “Merry Go Round” podería ter aparecido no seu álbum “Black Cotton Limited”, “Better Days Are Coming” no anterior a este “Untitled o Vol. III,” ... pero “Lying on the Grass” é unha mostra estupenda de pop guitarreiro e luminoso, e tamén recollen unhas benvidas influencias máis británicas en “In A Golden Brown”, “Keep On Fighting”, ou a máis hippie “In a Golden Brown».

Arriscan un chisco e, en cadansúa tendencia ou póla, as cancións e as melodías funcionan, que é o que importa. Froito de moitos e moitos concertos, a banda soa coma unha máquina perfecta, compacta e directa, cun Toño López que segue a cantar coma poucos no estado. Ademais, a gravación nos Radar Estudios de Vigo é coherente coa dos discos dos que gustan. Se cumpría outro álbum para se consolidaren, este ben pode ser “Plastic Jail”, cuxa canción final amosa unha onda psicodélico-sideral que talvez sexa unha fiestra aberta a novos horizontes. The Soul Jacket non se dormen malia unha traxectoria tan sólida e os límites musicais e temporais das súas influencias. Isto será un cárcere para outras bandas, pero no seu caso é dun plástico maleable.

Pepe Cunha, 11-abril-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo