portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
14/06/2019
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.
01/06/2019
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz
07/06/2019
Holywater “Arboreal”
04/06/2019
Santero y los muchachos “Rioflorido”

Concertos
sábado 20 de abril do 2019 ás 21:00 h.
Aurora 
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 6 / 8 €



Girando por Salas

nota:
a Casa das Crechas acolle o concerto de AURORA, un grupo que reúne talentos xurdidos da Escola Superior do Taller de Músics de Barcelona, e que está a triunfar nos principais festivais de flamenco do mundo.

O mozo cantaor Pere Martínez, Max Villavecchia ao piano, Javi Garrabella ao baixo e Joan Carles Marí á batería. Acompañados por Jose Manuel Álvarez ao baile emprenden esta nova aventura musical que viaxará polas cancións máis populares do compositor Manuel de Falla para evolucionar cara a linguaxes que transgreden as sonoridades tradicionais e explorar a fusión con outras estéticas.

Ademais da obra do compositor de Cádiz, Aurora tamén homenaxeará outras figuras destacadas como Lorca, Albéniz e Pedrell. A formación levará as composicións a un terreo próximo ao jazz e ao flamenco, afastándose do clásico pero conservando a identidade.

O disco Aurora xira ao redor da figura de Manuel de Falla, ao redor do cal se articulan tres vías conceptuais: a obra do propio compositor gaditano fiel ao material folklórico ibérico e non só flamenco; o binomio Falla-García Lorca, representado polas cancións populares recompiladas e redimensionadas polo poeta-músico; e por último, a relación Falla-Pedrell. Do propio Manuel de Falla aparecen dous vectores interesantes: o Falla atento ao xitanismo e o Falla atento a todas aquelas posibilidades abertas de tipo ibérico. Do Cancionero de Pedrell aparecen, vigorosos, algúns materiais folklóricos que Aurora sabiamente reelabora, como unha canción popular asturiana ou unha das cantiagas de Alfonso X o Sabio.

AURORA son:
PERE MARTINEZ · voz
MAX VILLAVECCHIA · piano
JAVIER GARRABELLA · baixo
JOAN CARLES MARI · batería
JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ · baile



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo