portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/02/2019
CUAC FM. Continua a disputa legal: A Xunta de Galicia presenta recurso de Casación ante o Tribunal Supremo
14/02/2019
Los Radiadores "Puño en alto"
12/02/2019
o Revenidas desvela as primeiras confirmacións do seu cartel para este 2019
11/02/2019
Sinsal SON Estrella Galicia, do 25 ao 28 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela)
06/02/2019
Budiño "Fulgor"
01/02/2019
Dead Combo no Selección Noroeste, Teatro Colón, A Coruña. 31-xaneiro-2019

Concertos
venres 07 de decembro do 2018 ás 19:30 h.
Ezetaerre + Ira + Alto Asalto
Sala Capitol, Santiago de Compostela. 8 / 11 €



nota:

Ezetaerre comezaron a presentarnos este segundo traballo no mes de outubro co lanzamento do single que dá nome ao disco, ‘Pólvora e Tormenta’, onde xa avanzaban algunhas das claves que o inspiran, e que nos trasladan ao escenario da crise do Dust Bowl, no Estados Unidos dos anos 30, un momento histórico que para os tres rapeiros galegos garda moitos paralelismos coa situación sociopolítico actual.

Ese paralelismo é o fío condutor dos 11 temas que compoñen o disco, que se presentará este venres 16 de novembro ás 20:00 horas na libraría da Sala Numax de Santiago de Compostela, onde EZR van contar como xurdiu a idea de buscar inspiración nese momento de máxima tensión social que viviu o país norteamericano, para reinterpretar aquelas historias e adaptalas ao noso contexto. O Dust Bowl foi literalmente unha tormenta de po que provocu terribles sequías e deixou na miseria a milleiros de familias estadounidenses. As reaccións do pobo ante este desastre non se fixeron agardar: conforme aumentaban a dor e a pobreza, tamén se endurecía a loita e ascendía o conflito. Mentres tanto, a música reflexaba esa realidade a través da voz de cantautores antifascistas como Pete Seeger o Woody Guthrie, ao que posteriormente Joe Strummer rendiría homenaxe tomando seu nome no alias que empregou durante uns anos: Woody Mellor.

O disco -gravado nos estudios Pousada Son, en Ames- conta coas colaboracións de: High Paw, Arnau de Zoo e Martin Plan B. Tamén Rubén Sierra de La Pegatina; os grupos cataláns Ginestá e Akelarre; Salma dende Beirut, Líbano e vellos coñecidos como Samu Acaracán.

Musicalmente, como xa é costume, poderemos escoitar temas de todo tipo, conformando un conxunto moi ecléctico no que cada canción é distinta da anterior. Ezetaerre continúa na liña de compromiso social que amosaron dende a saída da súa primeira maqueta, de nome homónimo, e que deu paso ao LP Aspiraciones Mínimas e Urxentes e o maxi 100. Novas letras, novos ritmos e novas ideas, pero sempre baixo as tres consignas que os caracterizan: dignidade, solidariedade e humildade.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo