portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
12/11/2018
Santi Araújo "Catedral"
29/10/2018
Anxo Lorenzo "Vórtex"
28/10/2018
Jane Birkin engaiola interpretando Gainsbourg no ciclo Voces, Pazo da Cultura de Pontevedra, 27-out-2018
26/10/2018
reedición 50º aniversario do álbum "The Kinks Are the Village Green Preservation Society"
19/10/2018
The Wave Pictures na Sala MardiGras, 18-outubro-2018
16/10/2018
Pablo Vidal Group "Orixe"

Concertos
domingo 11 de novembro do 2018 ás 20:30 h.
Sumrrá 
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 5 €



nota:
SUMRRÁ (jazz) - DOMINGO 4, 11, 18 e 25 - 20:30 5€

Sumrrá volve aos domingos da Casa das Crechas logo de participar no Womex 18 en Las Palmas de Gran Canaria onde presentaron o seu novo disco, ‘6 mulleres’. Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido.


Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivales de Bolivia, Francia, Bulgaria ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bvilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz ( Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca), Jazz Plus Festival (Sofía)...

Sumrrá fórmase no ano 2000 e ata hoxe deixou atrás centos de concertos e catro discos, dous deles gravados ao vivo.


Desde os seus inicios na cidade de Compostela, Sumrrá cautivou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 14 anos dende a súa formación, que no jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.


Máis información:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo