portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
11/04/2019
The Soul Jacket "Plastic Jail"
06/04/2019
Sés "Rabia ao silencio"
20/03/2019
o Fisterra Blues celebrarase do 28 ao 30 de xuño e participarán, entre outros, Los DelTonos, Morgane Ji e Víctor Aneiros
17/03/2019
o novo Budiño cumpriu na Sala Capitol, 15-marzo-2019
12/03/2019
Vudú "Vol. III"
11/03/2019
Óscar Quant presenta o seu libro "Bailando sobre el parqué"

Concertos
sábado 15 de setembro do 2018 ás 21:00 h.
Jorge da Rocha 
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 5 €


nota:

A Casa das Crechas acolle un concerto do portugués Jorge da Rocha, no que presentará ao vivo o seu segundo álbum a só ‘To Drop and Let Go’ cun espectáculo singular en que o contrabaixo e a súa voz son os protagonistas dun repertorio moi especial, no que estará acompañado pola frautista Yexza Lara.

De volta á Casa das Crechas, Jorge da Rocha presenta en vivo o seu segundo álbum a só ‘To Drop and Let Go’ cun espectáculo singular en que o contrabaixo e a súa voz son os protagonistas dun repertorio moi especial. Acompañado de Yexza Lara na frauta, melódica e voz e sen deixar de revisitar o seu anterior álbum (‘These are a few of my favorite songs’) onde interpreta de forma innovadora a música de artistas como Radiohead, Björk ou Massive Attack, o músico preséntanos os seus temas orixinais, con influencias da súa traxectoria jazzística e da paixón pola música moderna e alternativa, o pop, a música electrónica e a canción.


A performance de Jorge da Rocha impacta pola súa apaixonante expresividade e polo encanto das súas cancións, que seducen ao público nunha viaxe de descuberta musical, emocional e de entrega do artista á procura persoal e creativa."

Sen deixar de revisitar o seu anterior álbum (‘These are a few of my favorite songs’) onde interpreta de forma innovadora a música de artistas como Radiohead, Björk ou Massive Attack, o músico preséntanos os seus novos temas orixinais, con influencias da súa traxectoria jazzística e da paixón pola música moderna e alternativa, o pop, a música electrónica e a canción.


Vídeos:
https://www.youtube.com/watch?v=WhcYVQf87-8 (Nature Boy)
https://www.youtube.com/watch?v=wA5E2f-zqN4 (Simples Cançao)



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo