portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...

Concertos
venres 15 de xuño do 2018 ás 21:00 h.
Luíz Caracol
Auditorio Municipal de Cedeira. De balde.



nota:

En maio de 2017 celebrouse a primeira edición do Festival de música galego-portuguesa Traz outro amigo também, que serviu de homenaxe ao compositor e músico portugués José Afonso. Nesta segunda edición, o Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura e a Concellería de Ensino, Mocidade e Lingua, ofrece unha nova oportunidade para (re)descubrir a cultura lusófona a través da súa música, tratando de poñer en valor os lazos que nos unen.
Angola, Brasil, Portugal e, por suposto, Galicia estarán presentes neste festival grazas a unha selección de artistas convidados que nos achegarán propostas musicais moi diferentes entre si, pero ligadas polo fío común da lingua. Paralelamente, ofreceranse obradoiros de danza africana e canto alentejano, así como unhas charlas nas que poderemos coñecer un pouco máis a lingua portuguesa e a súa relación coa galega.

As liñas temáticas das charlas que se ofreceran o venres 15 ás 19:00 h., e o sábado 16 e domingo 17 de xuño ás 12:00 h. serán:

- A lingua portuguesa na actualidade, a súa proxección internacional e o seu ensino en España (e en Galicia, máis concretamente).

- A proposta ortográfica reintegracionista para o galego: breve descrición e principais argumentos para o seu uso.

- Orixes do galego-portugués e posterior desenvolvemento.

As/os artistas que nos acompañarán nesta segunda edición do Festival:

Venres 15 - 21:00 h.
Luiz Caracol
Criado nun ambiente multicultural no longo período en que a súa familia viviu en Angola, este músico e compositor portugués tráenos unha proposta de mestizaxe entre a influencia urbana de Lisboa e o espírito africano do que sempre se sentiu parte.



Sábado 16 - 22:30 h.

Couple Coffee
Brasileiros residentes en Portugal, Luanda Cozetti (voz) e Norton Daiello (baixo) sorprenderannos cun animado repertorio no que se mesturan ritmos e melodías que van desde a bossa nova ata o rock, pasando pola música popular do Zeca Afonso.

Uxía
Considerada unha das grandes figuras da música galega, ofreceranos a súa particular visión renovadora da tradición, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros, facéndonos viaxar polos camiños en que se econtran as culturas atlánticas galego-portuguesas

Domingo 17 - 19:00 h.
Celina da Piedade
Acordeonista, cantora e compositora, esta alentexana universal afonda as raíces da súa música nas formas e nas cores da tradición portuguesa, ao tempo que o seu sentir moderno fai que as súas creacións e interpretacións estean cheas dunha alma e unha personalidade que nos farán vibrar.

Todas as actividades do festival terán un carácter gratuíto con excepción do concerto do sábado que terá un custo na entrada de 5 €.

Tanto a reserva de entrada nos concertos como a participación no obradoiro de Canto Alentejano de Celina da Piedade poderá facerse desde o 5 de xuño polas seguintes canles:
correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.es
WhatsApp 673223414
presencial Oficina de Turismo de Cedeira (Palacete Municipal)
- As/os participantes no obradoiro de Canto Alentejano de Celina da Piedade que terá lugar o sábado 16 ás 17:00 h. na Sala Áncora terán que ter cumpridos como mínimo os 14 anos e a lista de temas a tratar no obradoiro será:

"Laranja de China"
"Pera verde"
"Ceifeira linda Ceifeira"
"Aurora tem um menino"
"Quero ir para o altinho"
"Erva Cidreira"



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo