portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/04/2018
Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC
19/04/2018
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música
16/04/2018
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"
13/04/2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío
13/04/2018
Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito e Che Sudaka súmanse ao SonRías Baixas 2018
11/04/2018
Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Concertos
sábado 13 de xaneiro do 2018 ás 23:30 h.
Alba Messa
Manchita Cosa, Ferrol. 2 €



nota:

Subiu por primeira vez a un escenario cando tiña seis anos. Comezou a cantar mentres facía crebacabezas e xogaba con bonecas debaixo da mesa do salón… Disto pasou a participar en concursos infantís como Menudas Estrellas e o Veo Veo de Teresa Rabal. Foi nena coplera e saetera, galega, o cal a convertía nunha especie de becho raro que chamaba bastante a atención da xente. A cultura musical da súa casa ía de Rocío Jurado a Rocío Durcal e pasaba pola Pantoja, e por Marifé de Triana nalgunha curva. Ao desembocar na radiofórmula, a vida deulle un bo xiro; quería cantar como Celine Dion e Christina Aguilera! Á súa nai aqueles novos gustos non lle facían moita graza e, un día, apareceu Internet… E xa a perdeu para sempre. Empezou a escoitar e coñecer e escoitar e coñecer, e, ós poucos, o seu eu cantante e o seu eu artista seguiron outros rumbos. Estudou guitarra, piano, linguaxe musical, canto… A partir dese momento empezaría unha infancia repleta de actuacións nas televisións e radios locais, galas por toda Galicia e premios como o primeiro no Téquele Téquele (1998) e (en dúas ocasións) no Veo Veo. Tamén houbo escapadas a Madrid, por exemplo para participar en Menudas Estrellas. Cantou durante máis de 15 anos saetas cada Semana Santa en Lugo e noutras cidades da comunidade autónoma e foi asidua dos programas da TVG, como Luar e Tardes con Ana. Despois de protagoniza-la serie Os Atlánticos, a súa carreira disparouse, ademais, a nivel nacional. Compuxo as súas primeiras cancións cando adolescente e, así mesmo, comezou a exercer de profesora de canto moi nova. Compaxinou a carreira como actriz en cine, televisión e teatro, con musicais como La ópera de los tres reales e Tarzán, a publicación de varios singles como «Días», «Tú y sólo tú» e «Sola» en plataformas dixitais, concertos acústicos con repertorio propio e numerosas actuacións como cantante en televisión... Apareceu na segunda tempada da serie El piso e ofrecía en cada capítulo unha versión dun hit do verán —así naceron Las Mamarrachadas de Mesa—. Tamén compuxo a música da obra de teatro Sin Vacaciones de Juanmi Díez e a canción final da película La mujer que hablaba con los muertos. No 2015 tomou a decisión de apostar pola súa carreira musical coa mesma forza que apostou pola carreira como actriz... E aquí segue…!



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo