portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
19/01/2018
Turma Caipira "Bellis Silvestris"
18/01/2018
Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel e Bigott, primeiras confirmacións do Vive Nigrán
16/01/2018
hoxe sae á venda o segundo disco de Fernando Barroso, "Silence Lovers Club"
15/01/2018
Dous "A viaxe de Yoyo"
11/01/2018
A banda da loba “Bailando as rúas”
04/01/2018
Banda Crebinksy "Zirkus Affe"

Concertos
xoves 19 de outubro do 2017 ás 22:00 h.
Tanxugueiras
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 8 €


nota:

TANXUGUEIRAS (RGMV)

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

En xuño dese mesmo ano as pandereteiras presentan en San Pedro o seu espectáculo acompañadas de Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernández (acordeón), banda á que posteriormente se sumou Gom Goás (guitarra), conseguindo así enriquecer a súa sonoridade.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con artistas da talla de Xabier Díaz ou coa Banda das Crechas no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, de onde saíu un dos seus vídeos convertidos en virais que revolucionou as redes sociais, confirmándoas como grandes promesas do Trad feminino e demostrando que a música tradicional continúa a abrir novas fronteiras de son, escena e público.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo