portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/04/2018
Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC
19/04/2018
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música
16/04/2018
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"
13/04/2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío
13/04/2018
Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito e Che Sudaka súmanse ao SonRías Baixas 2018
11/04/2018
Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Concertos
domingo 15 de outubro do 2017 ás 20:30 h.
Sumrrá 
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 5 €



nota:
SUMRRÁ (jazz) - DOMINGOS 8, 15, 22 e 29 - 20:30 5€

Sumrrá comeza a temporada de concertos os domingos neste local . Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido e veñen de gañar os Premios Galegos da Música 2014 ao mellor grupo de jazz.

Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivales de Bolivia, Francia, Bulgaria ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bvilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz ( Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca), Jazz Plus Festival (Sofía)...

Sumrrá fórmase no ano 2000 e ata hoxe deixou atrás centos de concertos e catro discos, dous deles gravados ao vivo.

Desde os seus inicios na cidade de Compostela, Sumrrá cautivou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 14 anos dende a súa formación, que no jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

Máis información:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo