portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/02/2018
o festival A Candeloria chega á súa V edición cun día máis de programación e máis presenza feminina
19/02/2018
debut fermoso de Natalia Lafourcade na Galiza, Auditorio de Ferrol. 18-febreiro-2018
16/02/2018
Santero y los Muchachos “Ventura”
15/02/2018
Volve o proxecto de sesións musicais acústicas en galego: as Sesións Destelo
10/02/2018
regreso esperado de Los Reyes del KO, Auditorio de Ferrol, 9-febreiro-2018
11/02/2018
The Gramophone Allstars Big Band “Maraca Soul”

Concertos
xoves 12 de outubro do 2017 ás 20:30 h.
Capercaille 
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña. 14 / 20 €



nota:

a banda de música escocesa máis universal, Capercaillie, ofrecerá un concerto no Teatro Rosalía da Coruña dentro da súa xira pola Península que se insire na súa xira mundial para celebrar o seu 30 aniversario.

Capercaillie é un dos grupos máis destacados da música celta, e un dos máis internacionais e veteranos do folk escocés, onde son a maior referencia deste estilo musical. Con 19 discos ás súas costas, na Coruña presentarán os temas do seu último traballo, ‘At the heart of it all’, no que celebran os seus 30 anos de traxectoria.

Neste disco a banda regresa e revitaliza o mesmo tesouro musical que explica o seu nacemento, con cancións provintes da rica tradición folclórica gaélica, enriquecidas con arranxos contemporáneos.

Capercaillie tocou por primeira vez nunha sesión do Mull Music Festival en 1983, e froito da premura por atopar un nome, acabaron escollendo Capercaillie, que denomina unha gran, rara e moi fermosa ave escocesa, coa intención de simbolizar a victoria na loita contra a extinción, cunha orgullosa e implícita referenza á súa cultura gaélica.

Comezaron tocando nas HIghlands e nos circuitos de festivais, até a estrea do seu primeiro disco, ‘Cascade’ (1984). Logo virían moitos máis, entre eles, a banda sonora dunha serie de Channel 4 sobre a historia dos gaélicos escoceses, o que os consolidou como grande referenza en todo o mundo. O seu tema “Coisich a Ruin”, canción con 400 anos de historia, convertiuse no primeiro éxito gaélico que entrou no top40 do Reino Unido. Tamén a súa participación no filme ‘Rob Roy’ foi un importante impulso na súa carreira, que os levou por todos os continentes.

A súa vocalista principal é Karen Matheson, de quen Sean Connery dixo que ten “unha gorxa tocada por Deus”. Ao violín está Charlie McKerron; á guitarra o irlandés Manus Lunny, eixo rítmico da banda; e á frauta o extraordinario Michael McGoldrick, que ten a súa propia carreira en solitario e como membro da banda de Mark Knopfler. Completan a banda Donald Shaw (teclados), Ewen Vernal (baixo), David Robertson (percusión) e Che Beresford (batería).



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo