portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
04/07/2018
"As cantigas de Elena" Pipo Alvariño, María Vidal, Myriam González
11/07/2018
cartel da terceira edición do SilFest Valdeorras, nas beiras do Sil ao seu paso polo Barco
29/06/2018
o Festival Jazz de Ría presenta un coidado cartel en espazos singulares de Ferrol e Mugardos
26/06/2018
Primeiros nomes para WOS Festival x SON Estrella Galicia
26/06/2018
V Festival +QUE JAZZ na Coruña en xullo

Concertos
sábado 14 de outubro do 2017 ás 20:30 h.
Uxía 
Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. De balde, con convite.



nota:

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares. Por iso, era obrigada esta actuación no Museo Centro Gaiás que desde o pasado 2 de xuño acolle esta exposición que é, en palabras do propio artista lalinense, o seu "testamento pictórico".

Neste concerto, Uxía interpretará os temas deste novo traballo no que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae. “A poesía de Uxío Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi axeitada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentalista brasileño Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da súa obra”.

Para determinar o repertorio do traballo discográfico Uxía-o, a cantante e SérgioTannus escolleron entre o seu poemario o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Caen as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

FICHA ARTÍSTICA

Uxía: voz.
Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira.
Santi Cribeiro: acordeón.
Isaac Palacín: percusión.

Colaboracións especiais: Ana Isabel Días (arpa clásica), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Quim Farinha (violín).

PROGRAMA:

O aire
Namorando
Fiandeira
Pensamento
Novas verbas de door
Ollando a serra calada
Caen as follas
Branca, Uxío i Arturo
O pouso do tempo
Alalá das sombras
Paxaros e paxariños
O cuco a cantar
Tesos cumes do Courel
Terra moura
Alalás encadeados
En Compostela



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo