portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/11/2017
Magín Blanco presenta "Camiños"
09/11/2017
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.
09/11/2017
Eladio y los seres queridos “Historias de caza”
07/11/2017
Bolboreta "Vuelo"
31/10/2017
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"
30/10/2017
Ainhoa Arteta e Estrella Morente ofrecen un concerto de Nadal o 26 de decembro en Compostela

Concertos
martes 18 de xullo do 2017 ás 22:00 h.
García MC & Nación Quilombo + Bixiga 70 
Praza da Quintana, Santiago de Compostela. De balde.


nota.

remata o festival Terra da Fraternidade de músicas do mundo que abriu as Festas do Apóstolo. A partir das 22 horas, o rapeiro ordense García MC presenta o seu novo proxecto acompañado da banda Nación quilombo; e logo haberá concerto dos brasileiros Bixiga 70, que xa estiveran na mesma praza da Quintana durante o pasado Womex 16.


GARCÍA MC é un referente do rap en Galicia que está a lanzar sinxelos con videoclip dende comezos de 2017. Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural ademais de ser educador independente impartindo obradoiros e conferencias de cultura Hip Hop dende fai máis dunha década. Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte de Dios Ke Te Crew e a Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso).

Levou o seu Rap en Galego a lugares como Dinamarca, Guiné–Bissau ou Portugal. Entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas.

BIXIGA 70 formouse a partir da unión de varios músicos xa coñecidos da escena de San Paulo (Brasil). Procedentes das máis diversas agrupacións musicais, uníronse membros que acompañan a diversos grupos e artistas para explorar o territorio de fusión da música instrumental africana, latina e brasileira en composicións propias e versións de artistas brasileiros como Luiz Gonzaga, Pedro Santos e Os Tincoãs.

O primeiro álbum do grupo, lanzado en 2011, foi aclamado por público e crítica, figurando nas principais listas de mellores discos do ano en diversos medios de comunicación. A banda foi premiada no 25º Premio da Música Brasileira na Categoría Revelación e ten feito xiras memorables por Europa e no primeiro e simbólico show en chan africano, o renomeado Mawazine Festival na cidade de Rabat, en Marrocos.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo