portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/09/2020
concerto de A Pedreira no Val de Lourenzá.
25/08/2020
a gran festa do jazz coa maior jam session da historia este domingo en Lugo
20/08/2020
Primeiros nomes do "Revenidas‌ en conserva": Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns

Concertos
venres 18 de setembro do 2020 ás
Dequenvessendo
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña. 7,5 €


nota:

O grupo folk Dequenvessendo estrea ao vivo o seu primeiro álbum, Canto das xacias. A cita terá lugar este venres, 18 de setembro, no Teatro Rosalía Castro de A Coruña.

Músicos como Bieito Romero, Javier Cedrón e Víctor Iglesias, ademais dos bailadores Xiao Mogín e Nacho Couselo, acompañarán ao grupo na estrea ao vivo do seu álbum debut. As entradas para esta actuación pódense adquirir a partir de 7,50 euros na páxina web https://corunacultura.sacatuentrada.es/.

O disco, editado por XINGRA e producido por Mirmidón, chega após unha campaña de micromecenado e pódese escoitar desde o pasado 8 de setembro nas principais plataformas dixitais. O traballo tamén contou coa colaboración de artistas como Sés, Xosé Liz, Nani García ou Xabier Ferreiro ‘Man'.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo