portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/09/2020
concerto de A Pedreira no Val de Lourenzá.
25/08/2020
a gran festa do jazz coa maior jam session da historia este domingo en Lugo
20/08/2020
Primeiros nomes do "Revenidas‌ en conserva": Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns

Concertos
venres 14 de febreiro do 2020 ás 21:15 h.
Ruxe Ruxe
Sala Capitol, Santiago de Compostela. 10 €



nota:


WARNING!!!
O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA son trece anacos de salvaxe bondade e outros tantos retallos de inzada maldade. Son un despropósito de feitos e falares nunha interminable noite de choiva, fume, lóstregos e cores. O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA somos ti mais eu perdidos e esqueléticos, fumando ortigas e catando velenos na beira daquel vello, vizoso e fermoso carreiro. Namoradas, espidas, esgotadas e agardando por nada no efémero fluír dos reloxos rotos, dos felices bicos húmidos e dos veloces soños que nunca se deixan atrapar. Tas avisad@ !!!!

——————————————————————
Desde RUXE RUXE queremos convidarvos a tod@s a pasar con nós a noite de namorad@s na Sala Capitol en Compostela presentando "O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA" o noso novo disco.
Non se nos ocorre mellor forma de celebralo que nunha noite chea de amizade, enerxía positiva, moita música e rodead@s de tod@s vós xa que vós sodes o motor culpable dos nosos 24 anos de música e resistencia. Abrimos portas ás 21.15 cunha seleción de músicas que inspiraron a nosa carreira dende os inicios e ate hoxe e as 22.h estrictamente punktuais comezarmso o concerto cun repertorio moi especial para ese día.

Entón ?? Vémonos o 14 de febreiro na Capi oouh ? 🙂

Entradas físicas anticipadas:
- BarTolo
- A Reixa tenda
- O Besbello

Online:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo