portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
03/12/2019
Cristina Pato organiza este xoves unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias en España
02/12/2019
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”
28/11/2019
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)
18/11/2019
Guadi Galego presentou a súa nova "Immersion" na Sala Capitol, 15-nov-2019
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"

Concertos
sábado 12 de outubro do 2019 ás 20:00 h.
Jorge Drexler 
Pazo da Cultura de Narón. 20 €



nota:

Apertura de portas: 19:30h
Concerto: 20:00h
Venda de entradas na billeteira do Pazo

"O silencio como materia prima, a canción tal cal chegou a este mundo, un infinito enteiro nun segundo, unha guitarra, un verso, unha tarima." Jorge Drexler sobre “ SILENTE”

Drexler proponnos un concerto en solitario, nas antípodas da súa xira anterior.

O retorno a un dos seus formatos máis celebrados: unha guitarra e unha voz, combinados coas ferramentas contemporáneas para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma máis inmediata das súas cancións.

Un concerto unipersoal, co silencio como materia prima e marco para a comunicación.

“ SILENTE” chega tras unha extensa xira de 100 concertos en 13 meses, presentando xunto coa súa banda o último traballo de estudo "Salvavidas de xeo", que pasou por 17 países, 80 cidades, onde o viron máis de 150.000 persoas e que foi nomeado en 2018 a un Grammy Award e a cinco Latin Grammys.

Prezos Entradas: 20€ tarifa xeral / 14€ tarifa reducida

Entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou a través da web do Padroado da Cultura de Narón:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo